Amicos entregou os diplomas do curso “Expendedor de combustible” en Rianxo

08 Abril 2022

Amicos entregou hoxe a un total de 10 alumnos e alumnas a acreditación polo seu esforzo e traballo no curso titulado ‘Expendedor de Combustible’, que tivo lugar dende o luns 4 de abril ata hoxe na Aula Activa do Mar de Rianxo.
As persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, veciños do Concello de Rianxo, tiveron a oportunidade de formarse durante 20 horas nesta formación financiada pola Fundación La Caixa e o Fondo Social Europeo en colaboración con Amicos.
O alumnado mostrouse agradecido por ter a oportunidade de formarse neste sector e un dos
alumnos alí presentes quixo manifestar a súa satisfacción polos contidos recibidos e agarda poder encontrar un traballo neste ámbito o antes posible.
Na entrega de diplomas estivo presente María del Carmen Figueira Ares, Primeira Tenente de Alcalde de Rianxo: “No Concello estamos moi contentos de colaborar neste tipo de iniciativas, nas que se pretenden buscar novas saídas laborais ás persoas”.
Pola súa parte, Keltoi Cameán, Técnico do Programa ‘Más Empleo’ destacou que “é a primeira vez que decidimos realizar esta formación e estamos moi contentos pola acollida que tivo”.
Engadiu: “Agora empeza o traballo máis arduo que é a inserción sociolaboral das persoas que decidiron formarse connosco”.
O curso ‘Expendedor de Combustible’ forma parte do Programa ‘Más Empleo’, desenvolto en
colaboración de Amicos coa Fundación La Caixa e o Fondo Social Europeo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.