Aberta a convocatoria para solicitar os obradoiros de emprego ata o 8 de abril

05 Abril 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a alcaldesa de Muros, María Inés Monteagudo, visitaron, esta mañá, o obradoiro de emprego de Muros, compartido con Carnota, no que se forman a 20 alumnos en carpintería e moble e en aproveitamentos forestais.
Trenor animou aos alumnos a aproveitar esta formación e destacou a gran utilidade deste tipo de cursos porque ademáis de mellorar as capacidades para que os desempregados atopen un emprego, complementase con traballos nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna. Trenor lembrou que na comarca do Barbanza estanse a desenvolver 5 obradoiros de emprego, para os que a Xunta reserva 1,4 millóns de euros.
O representante do Goberno galego lembrou que os obradoiros duais de emprego, ampliarán este ano o seu orzamento nun 23% ata os 42,1 millóns de euros. Con esta iniciativa estímase que entre 2022 e 2023 unhas 1.600 persoas sen emprego melloren a súa cualificación, ao tempo que acceden a un traballo, a través do desenvolvemento de máis de 80 talleres.
As entidades promotoras dos obradoiros duais -concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal poden solicitar a súa participación na nova convocatoria ata o próximo 8 de abril.
Os obradoiros duais teñen unha tripla dimensión: mellorar a empregabilidade das persoas participantes mediante a formación para o emprego de calidade; desenvolver actuacións de mellora en espazos públicos e a prestación de servizos de interese xeral e social; e colaborar con entidades locais galegas para incrementar o emprego nos concellos.
Como participantes, darase prioridade ás persoas con especiais dificultades de inserción no mercado laboral como mulleres, emigrantes retornados, vítimas de violencia de xénero, persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego, parados de longa duración, maiores de 45 anos ou persoas en risco de exclusión social.
Os alumnos e alumnas, ademais de formarse e de realizar un traballo, grazas a estas actividades poden obter un certificado de profesionalidade. Ademais, unha vez rematado o obradoiro, que nesta edición terán unha duración de 12 meses (antes eran 9), teñen a opción de empregarse nunha empresa por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para este fin, a Xunta concede incentivos á contratación que este año se estenderán ao ámbito territorial de Galicia.
A Xunta prioriza nesta convocatoria os programas de formación forestal; cualificación en conservación e posta en valor de rutas do Camiño de Santiago; actuacións enmarcadas en proxectos de Aldeas Modelo e os programas promovidos por concellos con todo ou parte do seu termo municipal incluído en zonas de Reserva da Biosfera.
Os obradoiros de emprego constitúen unha ferramenta fundamental coa que a Xunta contribúe a incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas en colaboración coas entidades locais. Desde o ano 2009, a o Goberno galego leva investidos 360 millóns de euros na organización de case 800 obradoiros nos que resultaron beneficiarios 17.000 galegas e galegos.

Outros artigos

Cáritas Diocesana aproba as contas do ano 2023 cun saldo positivo

Socios, achegas, donativos e colectas sitúanse no primeiro lugar dos ingresos cun 33%. Cáritas Diocesana de Santiago obtivo un resultado positivo de 533.476 euros, segundo o exercicio económico do ano 2023 aprobado durante un Consello que presidiu o arcebispo de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...