Aberta a convocatoria para participar na quinta Mostra Mares da Fin do Mundo

O Concello de Outes informou da apertura da convocatoria para participar na competición oficial da V Mostra Mares da Fin do Mundo. A data límite para a recepción de obras audiovisuais será o 15 de agosto. As bases están dispoñíbeis en www.maresdafindomundo.gal. Podemos consultar máis información sobre o certame nas redes sociais (no Facebook, no Instagram e no Youtube). Tamén se poden solicitar datos máis específicos a través da conta de correo info@maresdafindomundo.gal.

A Mostra Mares da Fin do Mundo é sen dúbida un dos grandes acontecementos culturais-audiovisuais da nosa comarca. Este ano celebrarase entre o 28 e outubro e o 1 de novembro.

O certame afonda na vertente audiovisual máis comprometida, sustentábel e activista. Organizada polo Concello ten o obxectivo de “crear un referente mundial no xénero documental e, máis en concreto, na vertente artística e creativa máis envorcada co medio ambiente mariño e a pesca sustentábel”.