A Xunta dá un novo pulo ao turismo náutico a través dun acordo con ASNAUGA (asinado en Porto do Son)

25 Abril 2022

Porto do Son recibiu este luns 25 de abril a visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. O motivo foi a sinatura dun convenio co presidente da Asociación de Náuticos de Galicia, Javier Ruíz de Cortázar, un acordo de colaboración para promover o turismo náutico galego. Rueda estivo acompañado do alcalde Luis Oujo.

O vicepresidente destacou o potencial do turismo náutico, que “xa era unha potencia antes da pandemia, cun incremento dun 40% no número de embarcacións nos últimos dez anos”. Segundo fixo saber, este ano 2022 “experimentaremos un novo fortalecemento do sector”, un eido de actividade que “xa demostrou que se axusta ao modelo de turismo de calidade, seguro e sustentábel que buscan os turistas do século XXI” .

Rueda debullou o investimento recente da Xunta na promoción deste tipo de turismo, unha aposta que terá continuidade nos vindeiros anos da man cos fondos europeos e cos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino. Nese obxectivo encadrou o convenio asinado con ASNAUGA, a través do cal Turismo de Galicia aporta un total de 80.000 euros para a valorización do patrimonio cultural e náutico, tanto material como inmaterial, o desenvolvemento do turismo costeiro e a promoción internacional da nosa Comunidade como destino náutico e natural de costa.

“O acordo”, dixo, “permitirá consolidar a implantación de certificados de calidade, dixitalizar e aplicar novas tecnoloxías coa finalidade de mellorar a captación de novos turistas en Europa con destino a Galicia a través do turismo náutico, así como dispoñer de ferramentas dixitais que permitan unha mellor xestión dos seus recursos e das súas instalacións”.

ASNAUGA, ademais, comprométese a promover a rede de instalacións náutico deportivas dos Camiños do Mar e a formar ao persoal dos clubs náuticos en novas tecnoloxías e en xestión turística.

Alfonso Rueda enxalzou o traballo feito pola asociación na promoción das peregrinacións marítimas e destacou “o impacto que para o turismo galego ten a Travesía Náutica Xacobea, unha iniciativa que este ano fará da ruta xacobea por mar unha singradura internacional que partirá do porto andaluz de Barbate para chegar a Galicia logo de atravesar Portugal e que está promovida por dita asociación en colaboración coa Xunta, a través de Portos, e coa Junta de Andalucía”. Rueda engadiu que esta peregrinación por mar farase entre o 28 de maio e o 13 de xuño.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.