A vontade do Rotogal Boiro Voleibol estrélase contra a contundencia do Unicaja Almería

01 Abril 2022

Miguel Álvarez.- O Rotogal Boiro Voleibol puxo o broche final á tempada coa cabeza alta. Nun encontro de máis a menos, dispuxo de boas oportunidades para tomar a dianteira durante un primeiro set dunha enorme calidade. Pero o Unicaja Almería sobreviviu ao bombardeo visitante para, co paso dos minutos, acabar ofrecendo unha exhibición sobre o parqué do Moisés Ruiz (3-0). Os galegos clausuran a Superliga tras caer eliminados na rolda de cuartos de final do play off polo título.
O primeiro set foi vibrante. Os dous conxuntos mostraron un nivel defensivo espectacular e ningún quixo dar o seu brazo para torcer. O Rotogal Boiro Voleibol empregouse sen complexos #ante un Unicaja Almería que aguantou o tirón de maneira eficiente. Os da Cachada dispuxeron de varias bólas para
pechar o parcial ao seu favor, pero foron incapaces de aproveitalas. Non así os andaluces, que, da
man dun gran Pavel Kukartsev, acabaron selando a manga cun 33-31.
O segundo set comezou polos mesmos camiños que o inaugural. Con todo, no ecuador da manga, o Rotogal Boiro Voleibol se descentrou lixeiramente por mor dun par de decisións arbitrais. O Unicaja Almería non desaproveitou a ocasión para asestar un golpe case definitivo aos de Marcelo Benavídez (25-16).
Coa laxa de verse cun marcador moi adverso, o Rotogal Boiro Voleibol foise esvaendo co paso dos minutos na terceira manga. A pesar de que os visitantes anotaron algún punto de mérito, foron incapaces de conter a un Unicaja Almería moi #elevado e que dominou todas as facetas do xogo para pechar o choque pola vía rápida (25-14).

Unicaja Almería, 3: Jiménez Scull, Juanmi González Limón, Jorge Fernández, Miki Fornés,
Kukartsev, Jovanovic e Francisco Fernández (líbero). Tamén xogaron David López Alacio, Andrés
Portero, Marlon Palharini e Raúl García.
Rotogal Boiro Voleibol, 0: Gaby del Carmen, Mario Iglesias, José Carlos Romero, Felipe Benavídez,
Renan Levandoski, Gaspar Bitar e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Martín Casais, Ismael
Martínez e José García.
Sets: 1-0 (33-31), 2-0 (25-16) y 3-0 (25-14).
Árbitros: Antonio Martínez e José Luis Arrarte.
Incidencias: Partido de cuartos de final do play off polo título da Superliga disputado no
Pabellón Moisés Ruiz de Almería ante uns 600 espectadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...