A veciñanza de Rianxo poderá subirse ao Autobús do Teatro para asistir á nova función do CDG

06 Abril 2022

Novamente os seareiros das artes escénicas de Rianxo van ter unha oportunidade de asistir ás máis destacadas estreas, grazas ao Autobús do Teatro fretado polo programa de mobilidade do Centro Dramático Galego e os concellos da nosa terra (o obxectivo de “facilitar á veciñanza dos municipios da contorna a asistencia ás representacións do CDG”). Novamente será un servizo de desprazamento gratuíto e, ademais, as persoas que asistan poderán beneficiarse dun desconto do 40% sobre o prezo da entrada. Desta volta, o Autobús levará a veciñanza rianxeira á representación, o 29 de abril no Salón Teatro de Santiago, da función Ás oito da tarde cando morren as nais, de Avelina Pérez coa dirección e dramaturxia de Marta Pazos.

O equipo do Centro Dramático Galego diante do Salón Teatro na presentación do seu novo espectáculo

O autobús sairá de Setefogas ás 18.00 horas e a volta será sobre as 22.00 horas aproximadamente.

A entrada ten un custe de 6 €, que se abonará o mesmo día na billeteira do Salón Teatro.

A reserva pode facerse ata o domingo 24 de abril na sección de reservas da web municipal ou chamando ao teléfono 981 100 688.

As persoas de 16 a 18 anos poden vir sós cunha autorización asinada pola pai/nai ou titor/a legal.

Sinopse e detalles da función

Ás oito da tarde, cando morren as nais é un canto coral sustentado no baleiro, un xogo irónico sobre a relación entre o teatro e a súa recepción. Aquí, a procura da identidade individual, amparada na masa superficial e ignorante, que presume de coñecementos inútiles, amósase indecente. Nun teatro, lugar (supostamente) de encontro, asistimos ao espectáculo da estupidez. E debaixo de todo o insultante: nós. Tan pequeniños, tan perigosos…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.