A USC divulgará contidos de fisioloxía, socioeconómica e cromática entre os maiores da Pobra

22 Abril 2022

A Pobra do Caramiñal vai dar acollida á quinta edición do programa de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o programa Camiños de Coñecemento e Experiencia, que difundirá entre a veciñanza maior de 50 anos da localidade coñecementos científicos, humanísticos e artísticos.

Farao mediante unha oferta formativa diversa que abranguerá, en concreto, as temáticas da fisioloxía, socioeconomía e cromática. Cada unha delas constará dunha sesión teórica e outra práctica a cargo de persoal docente vencellado a este proxecto que transcorrerá ao longo de todo o mes de maio.

As encargadas de presentar esta axenda formativa de primavera foron a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a técnica municipal desta área, Fita Sanisidro. Segundo fixeron saber, as actividades comezará no 9 de maio co seminario O sono e os seus trastornos, da man de Mónica Antelo Martelo, quen regresará na xornada seguinte, día 10, para ensinar técnicas para conciliar o sono.

Xa no día 16 será a quenda de José Manuel Vázquez Lijó co seminario Tradición e modernidade nos escenarios galegos (1880-1950). Vellos e novos oficios e negocios. Volverá no día 24 cunha visita ao Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.

Nerea Varela Castro será a encargada de ofrecer o seminario Simboloxía das cores, no 18 de maio, para proseguir coa parte práctica mediante unha excursión polos arredores no día 19.

As aulas impartiranse en horario de 16.30 a 18.00 horas, no Auditorio do Museo-Valle-Inclán, agás para aquelas sesións que requiren saídas. A matrícula é gratuíta e as prazas son limitadas. A formalización das inscricións ou solicitude de información pódese realizar na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, co teléfono de contacto 981831545.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Grosera manipulación del CIS”. José Castro López

“Grosera manipulación del CIS”. José Castro López

Todas las encuestas previas a las elecciones del 18-F acertaron en la intención del votode los gallegos con diferencias mínimas en la adjudicación de escaños. Todas, menoslas promovidas por un medio de comunicación cercano al Gobierno de España y las tresque realizó...

“Son os anos…”. Xulio Xiz

“Son os anos…”. Xulio Xiz

Anos e experiencia permítenme ser un optimismo relativo que ve o arredor coa mellor das perspectivas, estimando que a maioría das persoas fai as cousas o mellor que pode, e as administracións teñen intención benéfica nas accións que enfrontan. Os anos danme...