A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita as novas instalacións do Punto de Encontro Familiar (PEF) en Ribeira

19 Abril 2022

As novas instalacións do Punto de Encontro Familiar (PEF) do Barbanza en Ribeira recibiron este martes 19 de abril a visita da conselleira de Política Social, Fabiola García, quen salientou a axilidade coa que se puxo en marcha o servizo (en “só un ano”) e o seu potencial para beneficiar a ducias de familias da comarca. O PEF de Ribeira iniciou o proceso de espallamento destes puntos pola xeografía galega, uns servizos que até agora tan só tiñan presencia nas sete cidades. Nos vindeiros meses iranse achegando novos centros a outras localidades de Galicia, sinalou a conselleira.

García destacou que os Puntos de Encontro Familiar representan “un recurso fundamental para as familias e moi especialmente para os nenos en risco de desprotección”. Este servizo, dixo, “ofrece un lugar neutral e seguro para realizar as visitas establecidas por lei dentro dun proceso de separación”.

Fabiola García engadiu que “en menos dun ano a Xunta puxo en marcha este centro, que permitirá que os 66.000 barbanzáns e barbanzás non teñan que trasladarse ata Santiago ou á Coruña para ter un servizo de atención á infancia”. Así mesmo, destacou que este PEF estará xestionado por Meniños, “unha entidade cunha sólida traxectoria”, centrada na atención á nenez e que xa ten experiencia no Punto de Encontro Familiar de Pontevedra.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.