A axenda da Semana Santa de Rianxo regresa aos formatos tradicionais de celebración

07 Abril 2022

A Irmandade da Paixón de Cristo compartiu a axenda de actividades relixiosas programadas para esta Semana Santa 2022 que está a piques de comezar e que pasará á historia, en Rianxo e nos demais municipios da nosa comarca, como a festividade na que se puideron recuperar boa parte dos actos tradicionais principais das confrarías e irmandades.

En Rianxo, os días 6, 7 e 8 de abril haberá misas na honra da Nosa Señora dos Dolores. Os días 6 e 7 ás 10.00 horas e o día 8 ás 20.00 horas, con procesión (o día 8) ao rematar a misa. O día 10, Domingo de Ramos, comezará á procesión ás 11.45 dende a igrexa parroquial até a Capela da Nosa Señora da Guadalupe, con bendición dos ramos e regreso á igrexa para celebrar a Santa Misa. O día 13, Mércores Santo, celebrase o Vía Crucis penitencial polas rúas da vila, a partir das 21h. O Xoves Santo a Misa da Cea do Señor será ás 20.00 horas e a procesión ás 21.30 horas. O 15 de abril, Venres Santo, celebrarase o Santo Encontro ás 9.30 horas polas rúas de Rianxo. Contarase coa Banda de Tambores da Irmandade da Paixón de Cristo. Ás 10.30 será o Santo Encontro e ás 20.00 os Santos Oficios, a Adoración da Cruz e o Desencravo. Ás 22h será a procesión do Santo Enterro. O 16 de abril, Sábado Santo, será a Vixilia Pascual, a partir das 22.00 horas. O domingo celebrarase a Misa de Resurrección ás 12.30 horas. Organiza a Irmandade da Paixón de Cristo e colabora o Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...