A andaina contra o cancro sairá o 15 de maio porto sonense en dirección a Caveiro

26 Abril 2022

O vindeiro 15 de maio toca sacar o mellor de nós mesmos e poñernos calzado de “camiñar”. Segundo confirmaron dende a AECC Porto do Son e o Concello, ás 11.00 horas do devandito día está previsto que comece a andaina solidaria Porto do Son e marcha contra o cancro. A saída será ás 11.00 do paseo marítimo da vila.

O percorrido levará aos participantes dende a explanada do porto á igrexa de Porto do Son, chegando até Caveiro. O prezo será de 5 euros para persoas adultas e de 3 para as nenas e nenos de até 12 anos. O recadado irá destinado a axudar na investigación contra o cancro.

As inscricións poden facerse en Floristería Marita, no Centro de Saúde de Porto do Son, en Tres Sesenta, en Xoaniña e na Libraría Andrea. En Xuño poden facerse na Floristería Bambú, en Queiruga no Bar Constantino e en Portosín en Paso a Paso. Tamén podemos facer as inscricións en liña a través de Rockthesport. Organiza a AECC Porto do Son // Asociación Española Contra o Cancro A Coruña en colaboración co Concello de Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...