A ABE expón as claves para emprender ante as mulleres desempregadas de Boiro

07 Abril 2022

O Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresarios colaboraron na organización dunha charla sobre como poñer en marcha un negocio. A sesión formativa e divulgativa Claves para emprender, abeirada ao Programa Integral de Emprego do Concello (PIE), desenvolveuse esta semana nas aulas do Viveiro de Empresas.

A ABE a través do seu xerente, Tomás Estévez, estivo presente nunha xornada na que participaron 100 mulleres desempregadas do municipio.

O obxectivo da sesión foi achegar ás participantes unha aproximación ao mundo empresarial dende o punto de vista dunha persoa emprendedora que estivera pensando en crear a súa primeira iniciativa de mercado. Deste xeito Estévez, comezou a súa intervención contextualizando como é actualmente o sistema empresarial Español que “está conformado por uns 3 millóns de empresas das que o 94% son microempresas e mais da metade non teñen empregados”. Tamén indicou que en canto ao traballos xerados, “dos 16,5 millóns de empregos que xeran, 10,5 corresponden a pemes e 6 ás grandes empresas que, en todo o país, soamente son 5.000”.

Tras esta primeira aproximación tocou a quenda de falar da idea de negocio, as métricas e de cales deben ser os contidos do plan de empresa, “un documento imprescindíbel á hora de emprender”, sinalou Estévez, poñendo o foco nos puntos que mais dúbidas xeran nos emprendedores que se dirixen a ABE, entre os que destaca “saber cal é a forma xurídica que mais convén á hora de comezar un negocio”. Para Tomás Estévez existen tres claves que debemos analizar: fiscalidade, responsabilidade e trámites requiridos. Segundo explicou, a persoa física é a forma xurídica mais utilizada con 1,8 millóns de empresas, seguida da SL con 1 millón.

Tamén puxo o foco na longa experiencia da ABE en materia de axudas e subvencións para persoas emprendedoras. Salientou as bonificacións na cota para primeiras altas de actividade e a capitalización da prestación por desemprego, ao que se suman diferentes programas da Xunta de Galicia específicos para a creación de empresas como o Programa de Fomento do Emprego Autónomo ou o Programa EMEGA específico para mulleres.

En canto a onde acudir ante as moitas dúbidas que xera o emprendemento, Tomás Estévez explicou que “son importantes os puntos PAE, especialmente os que teñen carácter público que son gratuítos e realizan os labores de información e incluso a tramitación da alta, e tamén existe a posibilidade de participar en programas de aceleración de empresas como Lab Barbanza e acudir a organizacións empresariais como a ABE onde prestamos servizos como o de xestión integral de subvencións”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.