O Concello de Ribeira e a Asociación Cultural Barbantia organizan o vindeiro venres, 1 de abril, a presentación do libro Murmurios (de) ausentes, do escritor Xabier L. Marqués. Será ás 20.30 horas no Centro Cultural Lustres Rivas. Intervirán no acto, amais do autor, o escritor local Fidel Vidal (ilustrador do libro), Mariña Pérez Rei (poeta) e Manuel Ruiz Rivas (alcalde de Ribeira). A entrada será libre até completar a cabida da sala.
Xabier L. Marqués é un profesor e escritor afincando en Ribeira. En 2019 engaiolou aos lectores con Arró, un libro de poemas no que propuña unha apaixonante viaxe ao seu país interior e co que, ademais, concluía unha triloxía que comezara antes antes con Un verán e logo con Silencio.
