Unha vintena de ribeirenses emprenderon a cuarta etapa do Camiño de Santiago “A Orixe”

21 Marzo 2022

Unha vintena de veciños e veciñas do noso municipio animáronse onte domingo a seguir percorrendo o Camiño de Santiago do Barbanza ‘A Orixe’ continuando coa iniciativa de aproveitar as fins de semana para ir completando tramos do itinerario xacobeo.
Nesta ocasión tocoulle á cuarta etapa entre a igrexa de San Vicente de Cespón, na parroquia de Boiro, e Quintáns, ubicada na veciña Rianxo. Os andaríns tiveron ocasión de atravesar puntos como a Ermida de San Ramón de Bealo, o santuario da Virxe de Guadalupe, a propia vila xianxeira ou o cruceiro das Tres Cruces nun traxecto que sumou un total de 26,4 kilómetros.
Entre os asistentes estiveron presentes unha fin de semana máis os concelleiros Juana Brión e Víctor Reiriz.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.