Unha boirense atopa o seu coche sen as catro rodas e sobre bloques

15 Marzo 2022
remitida

Este pasado sábado Mayte Fernández Raviña, veciña de loa localidade coruñesa de Boiro chegou ata o lugar onde o día anterior deixara estacionado o seu turismo, moi preto da súa casa nunha zona próxima ao Centro Social da parroquia de Abanqueiro.

O seu coche aparaceu colocado sobre catro bloques de cemento e sen rodas. En declaracións ós medios dixo que “non daba crédito ao que vía, pensaba que estaba a soñar”, cóntanos Mayte, aínda conmocionada por este roubo cometido polo que se supón son varios ladróns que, de madrugada, levaron as catro rodas e as lamias da súa Peugeot 207, deixando tan só os parafusos no chan.

“Estaba en shock, non me cría o que me pasaba e só pensaba en que ían empezar a chegar os clientes e tíñame que ir abrir o negocio”, asegura esta veciña de Boiro aínda que natural de Santiago e que traballa nunha cafetería da localidade veciña da Pobra do Caramiñal que lle tocaba abrir ás 8 da mañá do sábado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.