Unanimidade no pleno da Corporación de Boiro a prol do pobo ucraíno

11 Marzo 2022

O Concello de Boiro celebrou este xoves 10 de marzo o seu pleno ordinario correspondente ao mes de marzo, que contou coa totalidade dos membros da Corporación. A sesión, que como de costume puido (e pode) verse íntegra na canle do Concello en YouTube, serviu entre outras cousas para mostrar o apoio unánime dos grupos integrantes ao pobo ucraíno e ao drama que está a vivir estes días trala invasión perpetrada polo exército da Federación Rusa. Tamén houbo unanimidade arredor dunha proposta de Boiro Novo para que as entidades bancarias empresten atención axeitada ás persoas maiores e aos consumidores vulnerábeis. A continuación damos conta dos puntos abordados:

1. Toma de posesión de Dna. Denís González Maneiro.

2. Aprobación, se procede, do ditame de aprobación inicial da modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana – aprobación con 7 votos a favor (PSOE/ Boiro Novo/ non adscrito), 7 en contra (PP) e 3 abstencións (BNG/ IC Boiro) mediante o voto de calidade do alcalde.

3. Aprobación, se procede, do ditame de rectificación do erro de feito do acordo adoptado polo pleno en sesión ordinaria celebrada o 9 de febreiro de 2022, relativo ao POS+2022 – aprobación con 10 votos a favor (PSOE/ BNG/ BN/ ICB/ non adscrito).

4. Aprobación, se procede, do ditame para a constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero – aprobación por unanimidade (17 votos a favor)

5. Aprobación, se procede, do ditame da moción de Boiro Novo para que as entidades bancarias presten unha atención adecuada ás persoas maiores e a consumidores vulnerábeis – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

A Corporación Municipal aprobou de xeito unánime unha declaración institucional en apoio ao pobo ucraíno.

Outros artigos

O alcalde de Boiro reúnese este mércores coa veciñanza de Cespón

O Concello de Boiro celebra esta semana unha nova actividade de participación veciñal: un novo encontro coa veciñanza dos núcleos baixo o epígrafe Un café co alcalde e destinado a atender as demandas e necesidades da xente das parroquias. A cita será este mércores 22...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

Budapest es una de las ciudades más bellas de Europa capaz de evocar en el visitante el recuerdo de una grandeza histórica. Pero hasta el domingo 12, allí se podía constatar un sentimiento extendido de tristeza en muchos ciudadanos que coincidían en que el país había...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.