Un veciño de Boiro drogado tenta levar un coche aparcado cunha muller e dous nenos dentro

29 Marzo 2022

Susto monumental o que sufriu unha familia da localidade coruñesa de Boiro este pasado domingo. Ao redor das 14 horas un condutor dun turismo estacionaba encima da beirarrúa fronte á súa casa da rúa Cimadevilla para recoller algo no domicilio familiar, deixando no seu interior a unha muller e dous nenos de 1 e 6 anos.

Foi nese momento, segundo confirman fontes da Garda Civil, cando un veciño desa mesma rúa baixou da súa vivenda e montouse no coche, non se sabe se coa intención de roubalo, xa que se atopaba baixo os efectos das drogas e, polo que parece, non era consciente do que estaba a facer.

Pero si que tentou arrincalo en varias ocasións, algo que non conseguiu primeiro pola oposición da muller que sentaba no asento do copiloto e segundo, porque ao parecer o coche ten aceso electrónico de pulsador, mentres que o suxeito tentaba buscar a chave de contacto.

Os berros da muller foron os que alertaron ao seu marido que baixaba rapidamente ata a rúa, forcexeando co suxeito e logrando retelo, ata que chegou unha patrulla da Garda Civil que procedeu á súa detención.

O individuo forcexeou cos axentes o que obrigou a que fose preciso reducilo, tirándoo ao chan e poñerlle as esposas para o seu traslado ata a Comandancia da Garda Civil de Boiro onde este individuo continuou coa súa agresiva actitude.

Foi nesas dependencias onde continuaría gritando, esnaquizando mobiliario e autolesionándose golpeando a súa cabeza contra as paredes, chegando mesmo a agredir a un axente que tivo que presentar parte de lesións.

Unha actitude que requiriu da presenza dunha ambulancia que constatou o estado de alteración do individuo que recoñecería ao persoal sanitario haber inxerido varias substancias estupefacientes sintéticas, ademais de que se desprendeu dunha bolsa cunha pequena cantidade de marihuana durante a súa detención.

Finalmente, e segundo informan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o suxeito foi posto ao dispor do Xulgado nº 2 de Ribeira, de garda nese momento, que acordou a súa posta en liberdade aínda que seguirá investigado por furto de uso vehículo e resistencia/atentado á autoridade, non constando que tivese antecedentes penais de ningún tipo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...