Un sólido Rotogal Boiro Voleibol conquista San Sadurniño

17 Marzo 2022

M. A.- O Rotogal Boiro fixo os deberes e, cun triunfo na pista do Intasa San Sadurniño (1-3), ascendeu á quinta posición. Os de Marcelo Benavídez tratarán de defendela o sábado na cancha do Feníe Enerxía Mallorca, na última xornada da primeira fase da Superliga. A pesar da baixa de Mario Iglesias, por motivos laborais, os boirenses callaron un encontro moi sólido. Destacaron na recepción e no K1 ante un rival que tratou de reaccionar no segundo set, pero que acabou superado pola tensión do que estaba en xogo e polas boas prestacións dun adversario que brillou na rotación.

O Rotogal Boiro Voleibol iniciou o derbi cunha marcha máis. Cun gran acerto no saque, foi quen de desarmar a un Intasa San Sadurniño que axiña viuse moi por baixo no marcador. Os de Marcelo Benavídez pecharon a primeira manga pola vía rápida (16-25). No entanto, os locais trataron de rexurdir no segundo set. Unha boa serie no saque de Leozao deulles unha lixeira vantaxe que os da Cachada non puideron neutralizar (25-21).

No terceiro set, as augas regresaron á súa canle. O Rotogal Boiro Voleibol elevou as prestacións na recepción e no bloqueo-defensa. Obrigou ao San Sadurniño a arriscar máis e a tratar de presionar a un conxunto boirense que se desempeñou con solvencia e tranquilidade. Cun 22-25 no segundo set e un 18-25 no cuarto, pecharon o partido (1-3).

Intasa San Sadurniño, 1: Coto, Verdi, Keegan, Francisco Fernández, Boris Rodríguez, Leoazo e Piñón (líbero). Silva e Roi Losada.

Rotogal Boiro Voleibol, 3: Gaby del Carmen, José García, José Carlos Romero, Felipe Benavídez, Renan Levandoski, Gaspar Bitar e Adrián Alves (líbero). También jugaron Martín Casais, Alan Davila e Ismael Martínez.

Sets: 0-1 (16-25). 1-1 (25-21), 1-2 (22-25) y 1-3 (18-25).

Árbitros: Diego Rodríguez e Pedro Pidal.

Incidencias: partido disputado no Pavillón Municipal de San Sandurniño ante uns 250 espectadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...