“Todo por decidir, moito por clarexar”. Antón Luaces

07 Marzo 2022

Evidentemente, non vai resultar doado para a Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes  Marítimos (CIAIM) adoptar unha decisión unánime sobre o acontecido o pasado 15 de febreiro a 250 millas ao leste de Terranova co afundimento do conxelador de Marín “Villa de Pitanxo”. E menos, aínda, ao se ter producido o que inicialmente pode ser considerado como mínimo “controversia” entre o declarado polo patrón do buque, Juan Padín, e o seu sobriño, Eduardo Rial, ambos os dous con veciñanza en Cangas do Morrazo, e o axudante de cociña, o ghanés Samuel Kwesi.

Cando aínda con acalaron as voces dos familiares dos 12 tripulantes desaparecidos no naufraxio (como tampouco as dos nove falecidos) que instan ao Goberno á busca dos hoxendía recoñecidos como finados, a comarca do Morrazo agarda con espectación o resultado das pescudas que levan a cabo os membros da devandita CIAIM, sabedores como son os seus habitantes -ao igual que os de Marín, Huelva, Perú e Ghana- de que a decisión que adopte esa comisión non se vai coñecer, supostamente, ata dentro de once meses.

O Xulgado número 1 da Audiencia Nacional xa abriu unha investigación que debe resolver a existencia ou non de responsabilidade penal no afundimento do conxelador marinense “Villa de Pitanxo”. O testemuño de Samuel Kwesi -un dos tres subreviventes- non concorda co dos seus compañeiros rescatados a bordo dunha balsa salvavidas con fortes síntomas de hipotermia. Os tres tripulantes declararon vai unha semana en Vigo ante a Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos, a CIAIM (órgano que depende do Ministerio de Transportes) que será o que emita, nun prazo máximo dun ano, un informe ao respecto. 

A pescuda da comisión xa comezou inmediatamente dempois do naufraxio.  Nesta primeira fase, o equipo de investigadores  percuran “evidencias documentais e electrónicas” sobre o buque, a súa tripulación e máis a súa viaxe a Terranova, en augas da NAFO. Deste xeito xa recompilou documentación sobre o proxecto de construción do buque, as reformas realizadas no mesmo, certificados, listas e certificacións de tripulantes, titulacións destes, rexistros electrónicos dos sistemas AIS de localización do barco (caixa azul de pesca e rexistros electrónicos de identificación automática e radiocomunicacións, posición e meteorolóxicas, e sinais de emerxencia).Na segunda parte da investigación da CIAIM -independentemente da aberta pola Audiencia Nacional- virá a entrevista persoal a cada un dos tres sobreviventes, aos familiares dos mariñeiros finados, e ao Grupo Nores, armadora do buque que, segundo distintas informacións publicadas, acumula sancións  por infracións graves de pesca ilegal que constan en sentenzas da Audiencia Nacional, a última delas con data do 17 de xullo de 2020.

Xa con anterioridade (ano 2016) o patrón do pesqueiro fora responsabilizado de seis infracións graves da lei de Pesca Marítima castigadas con multas por valor de  máis de 160.000 euros e referidas á eliminación ou ocultación de probas  durante ispeccións realizadas, non ter enviadas posicións do buque ou non dispoñer de autorizacións de pesca e outros incumprimentos relacionados con capturas a bordo e desprazamentos, así como ter nunha bodega oculta (algo que non resulta novidoso en barcos da zona) 27.778 quilos de fletán negro que tampouco estaban rexistrados no diario de pesca.

Aos 12 tripulantes desparecidos e 9 falecidos (con só 3 sobreviventes que agora deben confrontar esas “visións” distintas do acontecido) a casa armadora do “Villa de Pitanxo” ten que facer fronte a outras cuestións alleas á propia CIAIM, porque son moitas as preguntas que se barallan en Galicia a respecto deste accidente: por erro humano?, vía de auga?, perda de estabilidade do buque?, un home de 73 anos na máquina que xa estaba xubilado?.. son algunhas das preguntas que circulan aínda hoxe polos peiraos galegos onde se agarda con inquedanza o resultado da investigación que leva a cabo a CIAIM.

Outros artigos

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

+

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

+

“Día das Letras, o valor da palabra herdada”. Alberto Barciela

Non é un cartel, nin un nome. A conmemoración anual do Día das Letras Galegas trascende o persoeiro celebrado, incluso a data, por festiva que sexa, para converterse nun referente da importancia cultural dunha lingua, dunha cultura, dun pobo. Un pode estar de acordo...

+

“50 anos dunha inmensa nube negra” – Antón Luaces

O accidente na ría da Coruña do petroleiro español "Urquiola"  vai 50 anos nunca será esquecido por cantos, aquel 12 de maio de 1976, tivemos que vivir -directa ou indirectamente- as consecuencias dun dos grandes desastres marítimos rexistrados en Galicia. E o do...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Arredor das Letras (I)”.  Xosé Antonio López Silva

“Arredor das Letras (I)”. Xosé Antonio López Silva

É xa un tópico sinalar o que revela sobre Galicia ter escollido o 17 de maio como unha das expresións simbólicas da nosa identidade cultural. O país a falar de si mesmo a través da homenaxe a unha figura literaria. A literatura como cerne da vida pública e da propia...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.