Terbutalina acompañan dun videoxogo o arrinque da súa nova xira en Santiago (o 19 na Capitol)

08 Marzo 2022

A banda punk-rock de Esteiro (Muros) Terbutalina vén este marzo con importantes novidades. Por unha banda, arrincan unha xira por Galicia e España que ten a súa primeira parada na Sala Capitol de Santiago, o 19 de marzo, que contará coa presenza doutra banda do mesmo concello muradán a xeito de grupo convidado: The Rapants. Trátase da xira Costa abaixo (Nada que nos free tour), coa que os integrantes de Terbutalina amósanse dispostos “a reconquistar os pogos perdidos, as horas intempestivas e os quilómetros na estrada”.

Costa abaixo é tamén o nome do primeiro dunha serie de singles que irán presentando ao longo deste 2022 e que promete ser o pistoletazo de saída á volta definitiva ao seu hábitat natural: os escenarios. Así o amosaron o pasado sábado nunha sesión vermú na Sala Karma onde esgotaron as localidades para a festa reencontro co seu público.

Outra das novidades da banda para este mes de marzo tamén ten relación co dito tema, Costa abaixo. Segundo indican, este tema é “a primeira canción da historia que conta co seu propio videoxogo”. Desenvolvido por Qaramelo Videoxogos, a aventura gráfica Gran Prix Turbotalina é un endless-runner ambientado no Gran Premio das Carrilanas do Esteiro natal dos integrantes de Terbutalina. Os protagonistas son os propios membros da banda que terán que sortear un gran número de obstáculos do universo terbutalínico para alzarse coa vitoria ao ritmo da súa propia banda sonora. O videoxogo xa está dispoñíbel en liña na web de Qaramelo.

Volvendo á xira, sinalar á cita na Sala Capitol en Santiago de Compostela o 19 de marzo, séguenlle La Salvaje en Oviedo o 25 de marzo, a Sala Niágara en Santander o 26 de marzo, a Fun House de Madrid o 29 de abril ou a Lata de Bombillas en Zaragoza ao día seguinte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.