Siradella, Cámping Ría de Arousa e Galopín, protagonistas da cuarta xornada da Liga de Cruceiros Ría de Arousa

01 Marzo 2022

Celebrouse finalmente a cuarta xornada da Liga de Cruceiros Ría de Arousa 2022, organizada polo Club Náutico Arousa Norte (A Pobra do Caramiñal). Preto dunha vintena de embarcacións déronse cita na liña de saída.

O Cámping Ría de Arousa

O parte meteorolóxico auguraba un cambio de dirección do vento xusto a piques de comezar a proba, dun vento do nordés que viña azoutando a ría as xornadas anteriores a un suroeste de escasa intensidade que facía perigar o inicio da manga. Cando o comité de regatas saíu ao mar para comprobar a intensidade e dirección do vento atopouse cun suroeste duns 8 nós, condicións ideais para a práctica da vela. Decidiuse por montar a saída nas proximidades do porto pobrense e coa frota preparada para un percorrido polo interior da ría que consistiría na Volta a Rúa para a Clase Cruceiro e na Volta ao Sinal do Castro para o Cruceiro-Regata e Regata.

Nos primeiros compases os favoritos fixéronse donos e señores da cabeza da frota e tanto o Corsario como o Siradella na clase Regata e o Cámping Ría de Arousa na clase Cruceiro-Regata empezaron a ensinar a popa aos seus adversarios.

Despois de algo máis de 12 millas, o Siradella, do Real Club Náutico de Portosín, que non tomou a saída nas anteriores mangas desta regata, sorprendía aos seus rivais e levou a gloria na clase Regata por diante do vilagarcián Corsario e do Moucho do CND de Ribeira.

O Moucho

Na clase Cruceiro-Regata, unha vez máis, o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do RO Yacht Club, volvía ao máis alto do podio e marcábase outro primeiro no seu marcador que o coloca como líder destacado nesta clase. Segundo posto para o Fixius, do Miguel Pérez-La Fuente e terceiro para o rianxeiro La Fanciulla, con Miguel Castro-Gil á cana.

Na clase Cruceiro, que realizaban un percorrido de 7,7 millas, dominio do ribeirense Galopín, que do mesmo xeito que o Cámping en Cruceiro-Regata conta por vitorias todas as mangas disputadas. Segundo posto para o pobrense Guillermo Varela e o seu incombustible Thor II e terceiro o Elora Danan, do Club Náutico Arousa Norte, que malia a falta de experiencia en regata, está a demostrar que aprende rápido e que xa lle planta cara a embarcacións máis experimentadas.

O Thor II

Os podios provisionais, a falta do descarte que se aplicará despois da seguinte etapa a celebrar en Vilagarcía o vindeiro 12 de marzo, vai da seguinte maneira:

LIGA DE CRUCEIROS RÍA DE AROUSA 2022

Clase Regata

1º Corsario de José Jorge Durán do CY de Vilagarcía, 5 puntos

2º Chispetrén de Jesús Iglesias do CN Arousa Norte, 8 puntos

3º Moucho de Daniel Ayaso do CND de Riveira, 8 puntos

Clase Cruceiro-Regata

1º Cámping Ría de Arousa de José M. Pombar do Ro Yacht Club, 3 puntos

2º La Fanciulla de Manuel Castro-Gil do CN de Rianxo, 10 puntos

3º A Píllara de Iago Ben do CND de Ribeira, 10 puntos

Clase Cruceiro

1º Galopín de Manuel Franco do CND de Riveira, 3 puntos

2º Thor II de Guillermo Varela do CN Arousa Norte, 7 puntos

3º Elora Danan de Diego Vazquez do CN Arousa Norte, 13 puntos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.