Sae de novo a licitación a ampliación do complexo da Fieiteira cun módulo cuberto de atletismo

17 Marzo 2022

O Concello de Ribeira informa de que no día de hoxe a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta e o Concello vén de volver a sacar a licitación as obras de ampliación do Complexo Deportivo de A Fieiteira a través da construcion dun Módulo Cuberto de Atletismo: unha intervención que resultara deserta cando se sacou a contratación no verán pasado a raíz do encarecemento de parte dos materiais de construción.
Neste senso, o novo orzamento logo de actualizar os custes ascende a un total de 1.322.173,55 euros, IVE incluído. O prazo de execución son 12 meses.
O pavillón albergará unha zona de adestramento cuberta para atletismo mediante un módulo que conta con pista de 5 rúas, zona de saltos, lanzamentos; espazos para ximnasio, sala de musculación e actividades de tecnificación para a práctica do taekwondo; construción de novos vestiarios, aseos e duchas e o seu equipamento; ademais das reformas de accesibilidade e acceso ao primeiro andar.
A obra está cofinanciada polo Concello de Ribeira e a Secretaría Xeral para o Deporte.

Outros artigos

A Garda Civil detén un veciño da Pobra acusado de tráfico de drogas

Axentes de paisano da Garda Civil de Boiro detiveron a un home no lugar da Pontenaveira, na parroquia pobrense de O Caramiñal, como investigado pola presunta comisión dun delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas ou substancias que fan grave...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...