Ribeira celebra en marzo a poesía e o teatro con tres espectáculos

11 Marzo 2022

Ribeira segue comprometida coas nosas letras nesta recta final de inverno. Así o certificou este venres 11 de marzo a concelleira de Cultura, María Sampedro, que presentou as actividades previstas polo Concello para conmemorar este mes dous grandes acontecementos culturais: o Día Mundial da Poesía e o Día Mundial Mundial do Teatro.

Seguindo este fío organizáronse dende o departamento de Cultura tres propostas teatrais dirixidas a público maior de 16 anos que terán lugar no Auditorio Municipal e serán de carácter gratuíto ata encher aforo.

A primeira delas terá lugar o 19 de marzo ás 20.30 horas para festexar o Día da Poesía e a Narración Oral. Consistirá na representación da obra Tres vellas polo menos da compañía Producións Teatrais Excéntricas: un espectáculo de palabras cruzadas e un repertorio de contos de vellas protagonizado por Celso Fernández Sanmartín, José Luis Gutiérrez “Guti” e o ribeirense Quico Cadaval.

Xa na seguinte semana, para honrar o Día Mundial do Teatro, haberá dúas representacións. O venres 25 ás 21 horas desenvolverase o espectáculo A Lúa vai encuberta, que resultou gañadora do II Certame Manuel María de proxectos teatrais. Trátase dunha peza arredor da realidade galega e da loita incesante para conformar unha identidade propia que xorde da unión das compañías Incendiarias e A Quinta do Cuadrante, dialogando desde a actualidade coa historia recente de Galicia.

Por último, o sábado 26 ás 20.30 horas, co patrocinio da Rede Cultural da Deputación, poderase gozar da comedia Un morto moi vivo da asociación Club de Maiores de Boqueixón, que conta a historia dun vello avarento que simula a súa morte e organiza o seu velorio para logo marchar a Brasil a desfrutar da vida.

María Sampedro animou á cidadanía a asistir “a estas tres atractivas propostas”, para as cales non se esixirá inscrición previa, pero si será necesario realizar o rexistro dos datos no propio Auditorio antes de entrar.

Sampedro engadiu que amais do devandito, o Grupo Municipal de Teatro de Ribeira estará o día 27 en Teo para representar a comedia de época O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...