Ribeira acolleu unha xornada sobre acoso escolar co psicólogo Javier Pérez Aznar

09 Marzo 2022

Na mañá deste 9 de marzo arrincou a xornada intercentros que baixo o título Ribeira sen acoso ten lugar no noso municipio para incidir na problemática do acoso escolar a través de dous conferencias impartidas por Javier Pérez Aznar, un dos psicólogos máis prestixiosos que hai en España sobre este eido de actividade, presidente entre 2008 e 2019 da asociación NACE (Asociación No al Acoso Escolar).

A iniciativa está organizada en colaboración do CEIP O Grupo e o Concello de Ribeira e este primeiro relatorio matutino está dirixido tanto a alumnado deste centro, que se deron cita no Auditorio Municipal, como doutros centros educativos públicos e concertados do municipio.

Dunha maneira amena e interactuando cos rapaces asistentes, o psicólogo foi explicando os diversos elementos que caracterizan o acoso escolar (maltrato entre iguais, reiteración no tempo, intención de facer dano e abuso de poder), ilustrándoo co exemplo real de Iñaki Zubizarreta, famoso xogador de baloncesto que foi vítima de bullying no seu colexio e guía do programa televisivo Hermano Mayor.

Ademais, ás 19 horas no Auditorio Municipal haberá un segundo relatorio destinado a profesores, nais e pais que teñan interese na solución desta problemática. Haberá servizo de monitoraxe gratuíta no propio Auditorio entre as 18.30 e as 20.30 horas para facilitar a asistencia.

As xornadas están sendo retransmitidas por streaming na canle de YouTube do Concello.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...