“Resolver o problema da folga de transportes”. Antón Luaces

22 Marzo 2022

Transcorridos dous anos do comezo da pandemia  de COVID-19, e cando se albiscaba unha certa recuperación da normalidade económico-produtiva após todo o vivido durante ese período, a folga de transportes “mal atallada” e “formulada por un sector afogado como moitos outros polos elevados custos enerxéticos e do combustible”, está a deixar sen poder dar resposta ás necesidades das empresas e os seus clientes.

Entre outros moitos sectores ben significativos da economía española e, particularmente, a galega, a pesca e todo o entramado que dela depende padece dende vai case unha semana unha situación que non só ven derivada da folga senon, especialmente, dos prezos do combustible que, malia a xa coñecida aportación administrativa que reduce o prezo a pagar polos armadores para poder mobilizar os seus barcos e, con eles, os seus traballadores, non acadan a rendibilidade necesaria porque os gastos de explotación de cada buque non son asumibles e. deste xeito, as lonxas de peixe vense abocadas a guindar ao mar as capturas vendidas días pasados ou, directamente, botalas co lixo porque a mercaduría almacenada reborda toda capacidade e apodrece nas neveras.

Este feito repítese un día e outro porque o amarre previsto nos portos galegos dos 4.000 barcos desta comunidade autónoma non afectan directamente aos buques que faenan en augas comunitarias das que chegan a portos como os de Vigo, A Coruña, Celeiro, Burela, Ribeira, etc., con toneladas e máis toneladas de peixe capturado, almacenado en bodega e transportado aos portos de destino para, finalmente, ver perdido o traballo de dúas ou tres semanas, o consumo de combustible e o ir e vir dos barcos para, aínda sabendo como están aquí as cousas, seguir a faenar para se atopar en porto con que o peixe que traen non pode ser vendido porque o transporte non existe. E así, como mínimo, ata o vindeiro mércores para a frota de baixura, de cuxas capturas tamén están desabastecidas as peixarías e mercados.

É un golpe moi duro para a pesca e os seus armadores e mariñeiros, os asentadores, grandes superficies comerciais, etc., con indubidable repercusión tamén no propio sector transportista e, obviamente, nos consumidores.

Unha queixa que fai súa o departamento de compras da empresa CORETI,  que con máis dun cento de traballadores  a administración incluíra durante o máis duro da pandemia por coronavirus na lista de sectores esenciais.

Esta empresa -ao igual que moitas outras en todo o territorio nacional español- poido seguir a traballar durante o confinamento sen deixar de atender aos seus clientes, principalmente a aqueles relacionados  ca alimentación, produtos químicos e de limpeza, artículos farmacéuticos, hospitais, etc., como produtores de etiquetas adhesivas  para múltiples sectores. Hoxe reclaman  poder traballar con normalidade, algo que impide a folga dos transportistas e que, como din eles mesmos, está a pór en perigo non só a viabilidade de toda esa industria senon tamén a doutros negocios esenciais, estratéxicos e básicos da nosa economía.

O mundo empresarial e os traballadores aos que acubilla piden solución, responsabilidade e axudas para recuperar a actividade cotián; poder recibir materia prima con regularidade e sen restricións, seguir producindo e poder enviar o seu producto rematado aos clientes.

Cando esto suceda “haberá que valorar os milleiros de millóns de perdas que esta situación de bloqueo está a supor para múltiples industrias”, sinalan en CORETI.  Perdas que veñen a sumarse ao afogo enerxético e aos incesantes incrementos das materias primas que se padece dende vai meses e que  alguén terá que asumir.

Neste senso, Galicia é unha das comunidades autónomas  máis afectadas, en desvantaxe competitiva agora tamén por un problema que ninguén semella querer ou poder resolver.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.