Prorrogado o certificado COVID e as restricións da hostalería ata o 9 de abril. Chega este luns aos hospitais de Galicia o fármaco de Pfizer contra a Covid

27 Marzo 2022

A Xunta de Galicia prorrogará ata o vindeiro nove de abril a obriga de presentar o certificado COVID de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica negativa para visitar aos pacientes ingresados en centros hospitalarios e sociosanitarios. A medida manterase o tempo imprescindible para mellorar a situación epidemiolóxica, que se revisa de xeito diario. Así mesmo, seguirán vixente os límites de comensais nas mesas no ámbito de hostalería (10 no interior e 20 no exterior). 

A Xunta de Galicia lembra que este luns entran en vigor as directrices consensuadas na estratexia nacional por todas as Comunidades Autónomas referidas á vixilancia e control do Sars-CoV-2 na etapa de transición. A vixilancia da COVID centrarase en persoas e ámbitos vulnerables. Deste xeito, para a poboación xeral elimínanse os illamentos e probas confirmatorias, aínda que se seguen a recomendar medidas de precaución durante 10 días. Os casos positivos deben ademais informar aos seus contactos estreitos para que tamén tomen precaucións. Sanidade levará a cabo unha vixilancia específica ás persoas e ámbitos vulnerables de especial vixilancia.

Por outra banda desde este luns chegarán a Galicia os primeiros tratamentos do medicamento antiviral Paxlovid da multinacional farmaceútica Pfizer que se ten amosado eficaz para frear os efectos mais graves, como a hosptalización ou a morte pola covid-19.

Os primeiros tratamentos do antiviral Paxlovid van chegar aos hospitais de Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo, para logo enviarse ao resto dos hospitais da comunidade autónoma, segundo se vaia ampliando a suministración do Ministerio de Sanidade nas seguintes remesas deste fármaco, a primeira é de 11.900 tratamentos, que cheguen a España e dos que Galciia recibirá un 6% do total.

Paxlovid é un medicamento que se subministrará baixo prescrición médica e adminístrase por vía oral, polo que posibilita un tratamento ambulatorio dos pacientes leves con factores de risco para progresión a covid grave, controlando a progresión da infección e frenando a hospitalización e morte.

Paxlovid debe administrarse o antes posible logo do diagnóstico de covid e dentro dos cinco días posteriores ao inicio dos síntomas.
Este novo fármaco engádese ás vacinas e a outros medicamentos para evitar que pacientes positivos cuns determinados condicionantes poidan evolucionar a un estadío grave da enfermidade.

A Comisión Permamente de Farmacia do Sistema Nacional de Saúde acordou que a indicación e prescrición de Paxlovid será realizada polo profesional médico que efectúe o diagnóstico, tanto do ámbito de primaria como hospitalaria.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.