“Por fin, Europa”. Xulio Xiz

12 Marzo 2022

De súpeto – aínda que o problema xa é antigo – a Rusia de Putin invade Ucraína e crea o maior conflito bélico desde o remate da 2ª Gran Guerra. Un país democrático e libre, arrasado; os ucraínos defendendo a súa terra; Europa facilitando armas; Suiza poñendo por diante a defensa da paz antes ca os seus bancos; sancións da Europa civilizada no deportivo e no musical, desde as viaxes aos bancos, conxelación de bens dos xerarcas rusos… todo agás o enfrontamento aberto, porque calquera acción bélica non ten marcha atrás. Só Donald Trump aproba as accións do Presidente ruso e arrepía pensar o que podería pasar se occidente estivese capitaneado por Trump, con Putin enfronte, e China a velas vir.

Como os ucraínos non xe deixan conquistar, e xa que Europa se posiciona decididamente fronte a acción criminal emprendida, menciona o xerarca ruso o innombrable poder nuclear, de maneira que é dificil cavilar cal pode ser a evolución do conflito, que os analistas califican de fracaso de Putin xa que a guerra non camiña polos vieiros que calculou.

O único resultado favorable é a resurrección da desdebuxada Unión Europea para xogar un papel esencial. Resultou unha sorpresa que a U.E. envie armas, impoña sancións, plante cara a accións asesinas, de maneira que a postura da Europa unida evidencia que hai que contar con ela. Conforta comprobar neste tempo convulso que a U.E. vale máis ca para controlar economías; que os paises da Europa libre non son follas de árbore caídas coas que Rusia pode xogar. Aqui tamén imos pagar as consecuencias económicas das sancións a Rusia, pero se Europa gardase silencio si que estaríamos perdidos.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.