Outes e Noia instan á Xunta a retomar as obras da Ponte Nafonso canto antes

03 Marzo 2022

Os rexedores insisten tamén na urxencia de reparar o firme da AC-196

Os alcaldes de Noia e Outes, Santiago Freire e Manolo González, amosaron a súa preocupación polo retraso que están a sufrir as obras de mellora e posta en valor da Ponte Nafonso, que une aos dous concellos. As obras permanecen paradas dende as vacacións do Nadal logo de que dende a Consellería se iniciaran os trámites para realizar un modificado do proxecto que afectará á varanda que estaba inicialmente prevista, e que se prevé que pase a ser de pedra, segundo foron informados os rexedores polos responsables da obra.

Os rexedores indicaron que foron numerosos os veciños que lles amosaron o seu malestar polo retraso nas obras, xa que a circulación tanto peonil como motorizada, permanece cortada dende a paralización das obras. Do mesmo xeito, González e Freire instaron de novo á consellería para que canto antes de proceda a mellorar o firme da AC-196 que, en verbas do alcalde de Outes “cada día está máis deteriorada, e constitúe un perigo para o tráfico rodado e para os viandantes, aspecto que debería preocuparlle á Consellería”.

Outros artigos

O Concello de Muros renova a tubaxe de auga en Perousós (Louro)

A Concellería de Obras do Concello de Muros e a empresa concesionaria do servizo de auga están a traballar conxuntamente na substitución duns 50 metros de tubaxe en Perousós, na parroquia de Louro, debido ao seu mal estado e ás continuas perdas que se producían neste...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.