Os filmes finalistas dos Premios Mestre Mateo serán proxectados no Concello de Boiro

23 Marzo 2022

Na mañá deste 23 de marzo a concelleira de Cultura de Boiro, María Outeiral, presentaba o proxecto promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Área de Cultura da Deputación da Coruña para facer partícipe ao Concello de Boiro do ciclo de cinema Mestre Mateo, que consta dun programa de proxeccións que comeza este sábado 26 de marzo.

Serán os filmes máis salientábeis do audiovisual galego actual os que se inclúan na oferta cultural que elabora o departamento de Cultura. Así, a programación ofertada está composta polas películas finalistas nos Premios Mestre Mateo a mellor película e mellor documental, os premios do audiovisual galego, uns galardóns que subliñan as obras de maior calidade na produción audiovisual do ano e que organiza a Academia Galega do Audiovisual.

A proxección dos filmes realizarase cunha periodicidade mensual durante os meses de marzo e xuño e de setembro a decembro. Os filmes que se van proxectar son: O gran camiño, Malencolía, Cuñados, Welcome to my maison, Tres e Jacinto, ata o mesmo mes non se saberá cal vai ser a película que se proxecta. Amais das películas deste ciclo, o Concello de Boiro vai proxectar no verán os filmes Los Croods: una nueva era e Valentina.

Engadir que o primeiro dos filmes que se poderá ver é O Gran Camiño (nomeado mellor documental) producido e dirixido por Alba Prol Cid e Raúl García, será este sábado ás 20.30 horas no Centro Social de Boiro.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.