O sector pesqueiro pide unha rebaixa de 0,35 céntimos por litro de combustible

26 Marzo 2022


A Federación Galega de Confrarías de Pescadores solicitou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación unha rebaixa de “como mínimo” 0,35 céntimos por litro de combustible.

Así o acordou a xunta xeral da Federación, reunida de forma extraordinaria e urxente este sábado para analizar a situación do sector ante a subida do prezo do combustible.

Ademais, volveron a insistir en demandar a exoneración das cotas da seguridade social como mínimo ata o mes de xuño, un aspecto revisable a partir dese mes.

As confrarías galegas tamén acordaron participar na reunión da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, que está previsto que se convoque despois de que manteñan, a próxima semana, un encontro co ministro Luís Planas para analizar a proposta recibida. No caso de non ser atendidas as súas demandas, anunciaron que valorarán outras medidas “máis contundentes”.

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, xa avanzou esta semana a intención do Goberno de articular unha serie de medidas para axudar ao sector pesqueiro polo incremento de prezos do combustible que estarán incluídas no ‘Plan de resposta ás consecuencias da guerra en Ucraína’, que está previsto que se aprobe o vindeiro martes 29 de marzo.

Federación Galega de Confrarías de Pescadores

Outros artigos

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.