O Rotogal Boiro Voleibol aspira a facerse forte na Cachada na festa do “play off” contra o Unicaja Almería

25 Marzo 2022


M. A.- O Pavillón da Cachada será escenario este sábado ás 20.00 horas da estrea do Rotogal Boiro Voleibol nunhas eliminatorias polo título da Superliga. Os boirenses, que pecharon a primeira fase na sétima posición, reciben ao Unicaja Almería, que concluíu segundo e foi o seu verdugo na Copa do Rei, hai exactamente un mes, por un axustado 3-2.

Con eses alicientes, os de Marcelo Benavídez tentarán dar un golpe enriba da mesa e sumar unha vitoria que colocaría contra as cordas aos andaluces no cruzamento que se resolve ao mellor de tres partidos.

En principio, o Rotogal Boiro Voleibol contará con todos os seus efectivos para recibir ao Unicaja Almería. Os da Cachada tratarán de minimizar os erros e explotar ao máximo as súas virtudes para
apurar as opcións de éxito ante un dos firmes candidatos a facerse co título da Superliga.

O técnico Marcelo Benavídez recoñece que os andaluces son “un gran equipo, con grandes
xogadores”, pero advirte que os seus chegan á cita “coa confianza a tope”.

O Unicaja Almería conta co oposto Pavel Kukartsev, MVP da tempada 2020-2021, como
referente ofensivo. Pero dispón doutros xogadores, como o receptor Javier Jiménez Scull ou o central
internacional Miguel Ángel Fornés, que resultaron fundamentais para bater ao Rotogal Boiro Voleibol en cuartos de final da Copa do Rei.

Os colocadores Portero e Jovanovic ou o receptor Juanma González Limón son outros dos homes importantes do conxunto que dirixe Manuel Berenguel.

O resto das cruces da primeira rolda do play off polo título son: Conectabalear Manacor-
Melilla Sport Capital, Teruel-Guaguas e Feníe Energía Mallorca-Río Duero Soria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...