O prazo para participar nos Premios de Narrativa Torrente Ballester e Banda Deseñada Castelao remata o 29 de abril

22 Marzo 2022

Este martes 22 de marzo lembrábannos dende a Deputación da Coruña que o día 29 de abril é a última oportunidade de aquelas persoas interesadas en participaren en dous certames creativos, estamos a falar do XVII Premio Castelao de Banda Deseñada e o XXXIV Premio Torrente Ballester de Narrativa.

A Deputación da Coruña, organizadora destes concursos, premiará cun total de 43.000 euros: 6.500 euros para as obras gañadoras das dúas categorías a concurso do Castelao, e 15.000 € para as obras gañadoras do Torrente Ballester, tanto en lingua galega como en lingua castelá.

Indo ao Premio Castelao, este consta de dúas modalidades a concurso: a xeral, á que se poderán presentar obras dirixidas a todo tipo de lectores e lectoras, e a LIX, para obras encamiñadas de xeito específico ao público lector infantil e xuvenil. Amais, ao premio poderán optar proxectos —que consistirán nun expediente cun mínimo de 16 páxinas rematadas e unha sinopse detallada do contido da obra completa, cunha extensión máxima de tres páxinas—, e obras completas, tanto en guión como en debuxo, en cuxo caso deberán ser orixinais, inéditas e non publicadas, na súa totalidade ou parcialmente. A obra Nós Seis, da coruñesa Julia Lago (A Coruña 1994) foi a gañadora en 2021.

En canto ao Premio Torrente Ballester, poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas nos cinco anos anteriores e que presenten narracións inéditas (novelas, relatos ou conxuntos de relatos), non premiadas en ningún outro certame, nin publicadas ou rexistradas, total ou parcialmente, de tema e extensión libres. Raúl Santos Ageitos, coa novela Cornucopia, e María Cureses de la Vega, coa obra Ni luz ni llanto; resultaron gañador e gañadora da última edición, á que se presentaron 407 orixinais: 330 ao premio en castelán e 77 ao premio en galego.

Informar que as bases dos dous certames están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 11 marzo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.