O nosos concellos solidarízanse con Ucraína

14 Marzo 2022

Os nosos concellos son estes días un modelo de solidariedade e apoio co pobo ucraíno, cunha fronte común entre as administracións locais, as entidades sociais e a cidadanía que había tempo que non acadaba tal unanimidade e tal e fortaleza. Así, ás múltiples mostras de apoio materializadas a semana pasada diante dos consistorios de todos os concellos do Barbanza, uníronse accións concretas como a expedición Pegasus impulsada polo activista Rubén Lijó de Ribeira (en colaboración directa co Concello, Cáritas e a cidadanía de Ribeira) e tamén as diversas iniciativas xurdidas dende as administracións locais para poñer vivendas e opcións habitacionais a disposición das persoas refuxiadas que vaian chegando. Neste punto, as contribucións non se fixeron agardar e xa chegamos, co inicio desta semana, á cifra de medio cento de inmóbeis dispoñíbeis, un número que se agarde que vaia medrando a medida que se incremente a cantidade de persoas que foxen do conflito desencadeado polo Goberno ruso.

Por concellos, Ribeira xa notificou á FEMP a posibilidade de ocupar media ducia de propiedades (municipais e pertencentes a organizacións sociais), unha das cales xa foi estreada por seis persoas que recalaron na cidade grazas á dita expedición. O banco solidario de vivendas medra cada día, e esta fin de semana xa andaba roldando a vintena.

Rianxo ofertou nun primeiro intre dez prazas, aínda que abriu unha consulta para coñecer os recursos habitacionais a maiores cos que conta e o número de persoas que estarían dispostas a acoller familias ou crianzas, ou que poidan poñer a disposición casas ou habitacións (estas persoas deben poñerse en contacto co Departamento de Mocidade do Concello, a través de xuventude@concelloderianxo.gal e o teléfono 664181401). Polo que respecta a Porto do Son, o Concello anunciou que Cáritas deu luz verde para o uso solidario do edificio situado na Arnela, ao tempo que está a traballar para destinar ao acollemento de refuxiados o antigo convento de monxas da vila, que ten dous centenares de prazas.

Polo que respecta a Boiro, lembrar que a semana pasada a vila recibiu media ducia de nenos e nenas procedentes de Ucraína para ser acollidos por familias do municipio. As crianzas chegaron mediante a ONG Niños de Ucrania y Andalucía, coa que colaboran xa familias do municipio dando acubillo a nenos e nenas nos períodos non lectivos de Nadal e verán. O Concello de Boiro puxo a disposición das familias acolledoras os recursos necesarios para que puidesen chegar ao municipio e a asistencia necesaria ás familias para a súa estadía no Barbanza. Ademais, o Rotogal Voleibol e Cáritas están a traballar nunha campaña solidaria para levar material de primeira necesidade ao país de Europa do Leste.

Polo que atinxe á Pobra, a Administración local anunciou que contribuirá á acollida de persoas refuxiadas poñendo a disposición diversos espazos. O Concello estudará unha partida orzamentaria específica e outras formas de axuda como a recollida e traslado de bens doados por particulares.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.