Boiro solidarizouse con Ucraína cunha concentración no Consistorio e recibindo media ducia de nenos refuxiados

09 Marzo 2022

O Consistorio de Boiro acolleu este mércores 9 de marzo un importante acto de solidariedade co pobo ucraíno, no que participaron membros da Corporación local. O acto consistiu nunha concentración silenciosa ás portas da Casa Consistorial como mostra de apoio e afecto a todas as persoas que nestes momentos están a sufrir as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola Federación Rusa contra Ucraína.

Media ducia de nenos e nenas ucraínos en acollida

Amais do acto de concentración, o Concello informou de que media ducia de nenos e nenas procedentes de Ucraína chegaron na mañá deste 9 de marzo a Boiro para ser acollidos por familias do municipio. Os nenos e nenas recalaron primeiro Madrid, onde os recolleu un autobús para traelos a Boiro, onde foron recibidos polo concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus, unha traballadora social municipal e un estudante que fixo de tradutor.

Os nenos e nenas viñeron mediante a ONG Niños de Ucrania y Andalucía, coa que colaboran xa familias do municipio acollendo a nenos e nenas nos períodos non lectivos de Nadal e verán. O Concello de Boiro puxo a disposición das familias acolledoras os recursos necesarios para que puidesen chegar ao municipio e a asistencia necesaria ás familias para a súa estadía aquí.

Raúl Treus, mostrou o seu agradecemento coas familias de acollida “por axudar nun momento tan difícil como este, sen coñecer ben cales son as condicións nin o tempo que van pasar con elas”. O Concello de Boiro pon a disposición das familias de acollida información e os trámites asistenciais para contribuír ás economías familiares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...