O Concello da Pobra axudará á poboación ucraína

04 Marzo 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal seguirá as recomendacións da Coordinadora de Organizacións para o Desenvolvemento no que respecta á situación de emerxencia humanitaria en Ucraína. Por esta razón, daráselle prioridade no concello ás achegas económicas que canalizará a través “dunha ou varias ONG”, sinalaron fontes do Consistorio, engadindo que está previsto organizar eventos de carácter solidario coa pretensión de que se inicien na fin de semana do 11 ao 13 de marzo. Estes eventos “poderán ter continuidade de maneira indefinida mentres se manteña o conflito e as necesidades de axuda”, explicou o Concello, que fai un chamamento ao tecido asociativo e á colaboración de todas as persoas que teñan o desexo de ofrecer as súas aptitudes de xeito desinteresado.

A maiores, a Administración local recoñeceu que o equipo de Goberno local está valorando a posibilidade de habilitar unha partida orzamentaria con fondos propios mediante unha subvención nominativa a unha organización. Procurarase tamén contribuír á acollida de persoas refuxiadas poñendo a disposición espazos, valorando neste eido o alugueiro dunha vivenda para tal fin.

O Concello estudará tamén outras formas de axuda como a recollida e traslado de bens doados por particulares.

O Goberno municipal aproveitou para rexeitar “a actual situación” e condenar “a invasión por parte do exército ruso do territorio ucraíno, solicitando o cese inmediato de calquera acción de carácter bélico”.

Cartel de non á guerra nunha imaxe de EFE

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.