O IES da Pobra e o Concello organizan obradoiros para fomentar usos en positivo das novas tecnoloxías

31 Marzo 2022

Fomentar un uso razoábel, seguro e enriquecedor das novas tecnoloxías. Este é un dos grandes obxectivos dos obradoiros sobre detección de condutas aditivas sen substancia que se van levar a cabo na Pobra do Caramiñal, no Instituto de Educación Secundaria, impulsados polo propio centro e a Concellaría dos Servizos Sociais logo da frutífera colaboración previa no mesmo ámbito de traballo divulgador.

Trátase dun programa que xorde das xuntanzas mantidas entre ámbalas partes implicadas e que se centra, como dixemos, nas novas tecnoloxías da información. Desta volta, a acción está dirixida ao alumnado das catro aulas de 1.° da ESO do mencionado instituto, ao longo de dúas xornadas desta semana, co equipo psicolóxico formado por Juan Carlos Permuy Bermúdez e Carla Duch, quen, xunto con Belén Montesa Lou, impartirán tamén no 7 de abril, a partir das 19.00, un obradoiro sobre o mal uso dos dispositivos móbiles destinado a familias e a estudantes do curso devandito. Será no salón de usos múltiples do centro educativo e resulta preciso confirmar a asistencia a través da aplicación abalarMóbil.

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), xunto co director do IES, Alejandro Bobillo, e a xefa de estudos, Milagres Romero, manifestou na presentación destes novos obradoiros que o obxectivo é “previr e paliar as consecuencias negativas no ámbito académico e tamén no desenvolvemento cognitivo e persoal” do mal uso e abuso das novas tecnoloxías, amais de ofrecer á á rapazada “unha nova perspectiva sobre elas, aspecto que tamén se traballará cos pais e nais no día 7”.

Doutra banda, o director apuntou que os talleres están sendo “todo un éxito”, onde se explica un emprego adecuado das vías telemáticas, condutas que non se poden tolerar e como xestionar determinado contido. Preténdese, polo tanto, “ir un pouco máis alá do que podemos facer na nosa práctica diaria”.

Outros artigos

A Pobra reivindicou os seus tesouros no Día dos Monumentos e Sitios

Máis de trinta e cinco persoas redescubriron parte do patrimonio local a través da visita comentada As casas institucionais dos concellos do Caramiñal e da Pobra, a cargo do director do Museo Valle-Inclán, Antonio González. O cruceiro de Entre Vilas, a Casa da Cadea e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...