O Concello de Ribeira coordinará a atención habitacional no municipio ás persoas refuxiadas de Ucraína

04 Marzo 2022

O Consistorio de Ribeira acolleu este venres 4 unha nova e importante mostra de solidariedade colectiva con Ucraína. Foi a través dunha xuntanza entre diferentes colectivos coa fin de coordinar a axuda humanitaria dende Ribeira ao país da Europa do leste. Na xuntanza estiveron presentes (ademais do alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Servizos Sociais Ana Barreiro e a xefe de servizo deste departamento Francisca Vidal), representantes das organizacións Cáritas, ICE Renovación, Cruz Vermella, Asociación de Amas de Casa, GAEM e Protección Civil, xunto á empresa Laguerzza e ao bombeiro local, aventureiro e activista Rubén Lijó, que sae mañá sábado ao país en guerra para trasladar material.

Froito desta reunión acordouse que “para proporcionar solución habitacional aos refuxiados que puideran chegar ao noso municipio, o Departamento Municipal de Servizos Sociais se encargue de elaborar un rexistro con todas aquelas estancias que veciños ou entidades poñan a disposición para poder coordinar o aloxamento dos refuxiados”. De feito, no transcurso da reunión diversas entidades xa ofreceron algúns espazos para darlles acubillo.

Ademais, fixouse que sexa o GAEM quen se encargue de centralizar o almacenamento nunha instalación municipal (barállase a nave de Frións e a carpa multiusos) dos produtos que a veciñanza está depositando nos puntos de recollida do municipio postos en marcha estes días coa intención de xestionar o seu transporte. Relacionado co devandito, fíxose saber que efectivos do GAEM trasladaron este venres 4 de marzo diverso material a Vilagarcía, onde a empresa Fundicións Rey está usando a súa loxística para levar material a Ucraína. A intención do Concello é “contar cos servizos dunha empresa de transporte local para sucesivas remesas dada a maior capacidade dos seus vehículos”.

Segundo se referiu na reunión, os veciños que queiran colaborar deben ter presente que o que máis demandan dende o país do leste de Europa nestes momentos son “medicamentos, cueiros e determinados alimentos non perecedoiros, pero non prendas de vestir a excepción da roupa térmica”.

Por último, cómpre informar tamén de que os Servizos Sociais están realizando as xestións para dar acubillo e atender as necesidades básicas e de escolarización de seis persoas ucraínas que acaban de chegar ao concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...