O Concello de Boiro contratará 7 peóns de obras, limpeza e mantemento mediante o PEL

17 Marzo 2022

O Concello de Boiro confirmou a recepción dun importe de 52.000,00 euros para a contratación de persoal mediante as axudas destinadas á execución de obras e servizos nos concellos da provincia durante o exercicio 2022 (PEL-Concellos) que convoca a Deputación da Coruña. Este importe, sumado á achega municipal, vaise destinar á contratación de 7 peóns durante 5 meses a xornada completa, mediante os que se reforzarán os departamentos municipais que traballan en servizos básicos.

O persoal contratado polo Concello de Boiro estará ligado a tarefas de limpeza viaria, recollida de residuos, mellora de accesos a núcleos de poboación ou parques públicos.

O Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña ten como obxectivo “acadar uns maiores niveis de desenvolvemento económico, calidade de emprego, benestar social e cohesión do territorio”. O Concello de Boiro, mediante a súa participación neste programa, busca “fomentar o emprego e a empregabilidade mediante a contratación de persoal en situación de exclusión laboral, así como reforzar os departamentos municipais dedicados aos servizos básicos como é a limpeza e o mantemento de espazos públicos”.

O persoal a contratar debe estar en situación de desemprego e atoparse nalgunha situación de exclusión laboral como ser maior de 45 anos, estar en situación de desemprego de longa duración, situación de discapacidade, vítima de violencia ou situación de drogodependencia.

O proceso selectivo abrirá nas vindeiras semanas e as bases estarán publicadas na web municipal, www.boiro.gal, a disposición das persoas interesadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...