O Concello de Boiro acondiciona preto de corenta prazas de estacionamento na zona da rúa Cruceiro

15 Marzo 2022

O Concello de Boiro anunciou este 15 de marzo unha importante mellora na área de estacionamento da rúa Cruceiro, preto do núcleo urbano da vila, onde se habilitaron preto de corenta prazas de aparcamento. O obxectivo foi impulsar a mobilidade e crear novas prazas para “favorecer o acceso ás zonas comerciais”. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron na mañá deste martes 15 o novo estacionamento que xa se atopa aberto ao público. Segundo fixeron saber, os traballos serven de complemento ás actuacións que se realizaron na zona de Bao e na rúa Nova, dirixidos a pavimentar e reordenar os espazos de estacionamento, con vistas a “aumentar a seguridade viaria e mellorar a fluidez do tráfico na zona”.

Segundo engadiron Romero e Ruiz, “ofrecer servizos como a facilidade para aparcar é fundamental para a veciñanza e tamén para o comercio local, polo que a seguridade viaria e a fluidez do tráfico son unha prioridade para este Goberno”.

O alcalde fixo saber ao abeiro dos traballos despregados habilitáronse unhas vinte prazas nunha finca que se atopaba sen acondicionar. O sistema de arrendamento das parcelas foi mediante a sinatura dun convenio cos propietarios polo importe do valor do IBI. “Deste xeito as persoas propietarias non teñen que aboar o imposto e non se teñen que ocupar do mantemento da finca”, afirmou o alcalde.

Romero e Ruiz sinalaron que o Concello empregou sistema de arrendamento por valor do IBI noutras parcelas para dotar o núcleo urbano de novos espazos de aparcamento. O obxectivo é seguir con esta fórmula naqueles lugares nos que existen dificultades de estacionamento para acondicionar novos aparcamentos en Escarabote, Espiñeira ou na avenida da Constitución.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.