O Concello de Boiro achega unha xornada sobre prevención de abusos infantís no deporte

16 Marzo 2022


O Concello de Boiro, a través da área de Deportes, promove unha xornada telemática sobre a prevención, detección e notificación do abuso sexual infantil. A sesión, nomeada Poñendo as lentes no deporte, está posto en marcha pola Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Amino Galicia, ao abeiro do programa conxunto para formar persoas profesionais do deporte e o ocio que estean en contacto con menores como monitoraxe de campamentos, de escolas deportivas ou outras actividades municipais. Segundo informa o Concello, a importancia deste programa “radica na cantidade de nenos e nenos que sofren este tipo de violencia e os danos que causan no seu desenvolvemento”.

Dende Consistorio engaden que este tipo de formación é “fundamental” para poder previr, detectar e notificar debidamente o abuso sexual infantil. As persoas profesionais do eido do ocio e o deporte son uns axentes de prevención e protección á nenez.

A xornada terá lugar en dúas datas, luns 21 de marzo ás 10.30 horas e o xoves 24 de marzo ás 16.30 horas. As inscricións deben formalizarse no enderezo electrónico deportes@boiro.org e as persoas interesadas deben indicar o nome e apelidos, DNI, club de procedencia e data da inscrición. Máis información no departamento de Deportes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.