O Concello da Pobra mellora os espazos cardioprotexidos nos edificios municipais

24 Marzo 2022

O Concello da Pobra mellorou os espazos cardioprotexidos da vila. Fíxoo instalando novos desfibriladores nos seus 8 espazos cardioprotexidos: sete fixos en instalacións deportivas e edificios públicos (Pavillón da Tomada, Polideportivo de Venecia, Estadio da Alta, Campo de Fútbol de Cadreche, Edificio de Usos Náuticos, Casa Consistorial e Praza de Abastos) e un móbil nun dos vehículos da Policía local. O Concello explicou que a selección dos espazos responde “aos criterios de maior concorrencia e de realización de actividades que supoñen un esforzo físico”.

O concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), sinalou os dispositivos foron colocados en 2018 e que agora renóvanse por outros dun nivel superior que “incrementan a porcentaxe de supervivencia en caso de ser necesario o seu uso”. O novo sistema, engadiu, inclúe unha mellora dos ciclos de reanimación cardiopulmonar, as indicacións dos pasos por seguir e o seu correcto proceder, a análise do estado da ou do paciente, a incorporación da función pediátrica e a conexión Wi-Fi para “asegurar a operatividade en todo o momento”. Isto, dixo, tradúcese na mellora da oferta económica no alugueiro e mantemento dos disfibriladores a cargo de Proyecto Salvavidas, pois o investimento pasa dos 7.400 euros anuais aos 5 600 euros anuais, “pero con maiores funcións”.

Así mesmo, estase impartindo actualmente formación sobre o seu uso a persoal municipal, entidades deportivas e traballadores e traballadoras do mercado municipal para garantir o correcto uso dos aparellos e saber como actuar ante unha parada cardiorrespiratoria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...