O caixeiro de Abanca no Consistorio de Dodro xa está plenamente operativo

21 Marzo 2022

O Concello de Dodro rematou a semana pasada informando dunha importante novidade para a cidadanía: a plena operatividade do caixeiro automático no Consistorio, un equipamento co que compensar á veciñanza da ausencia de servizos bancarios no termo municipal, un proceso que afectou a unha chea de localidades da nosa comarca (agravado pola pandemia e pola teima das entidades bancarias de envorcar esforzos na operatividade electrónica de xeito unilateral) e que en Dodro remóntase a hai case unha década.

Neste senso, a instalación do caixeiro foi posíbel grazas ás xestións iniciadas pola Xunta e Abanca en colaboración cos concellos galegos nos que xa non viña sendo posíbel realizar trámites e operacións in situ, entre os que se atopaba Dodro. O concello, como lembraremos, quedou sen esta cobertura bancaria en xuño de 2013, cando Caixa Galicia (hoxe Abanca) decidiu botar o peche á súa sucursal e ao caixeiro que tiña no termo municipal. Agora, nove anos despois a cidadanía de Dodro recupera en parte (só a parte mecánica e electrónica, non a presencial) un servizo que nunca debeu perder. Deste xeito, preténdese que unha parte da poboación (a que é cliente de Abanca) non se vexa obrigada a desprazarse até Padrón, Rois, Pontecesures ou mesmo Rianxo para as súas xestións. O novo servizo é produto das negociacións levadas a cabo polo alcalde Xabier Castro coa Xunta e máis con Abanca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.