O BNG presenta propostas e mobilizarase para urxir solucións á crise de prezos que palíen a crise económica

26 Marzo 2022

O responsábel do Bloque na Barbanza, Luís Pérez e membros do BNG barbancés, comezaron cos repartos informativos da campaña que o BNG acaba de iniciar para reclamar solucións á crise de prezos e que rematará cunha manifestación o próximo 3 de abril en Santiago, para a que poñen autobús de balde e fan un chamamento á participación de todos os colectivos afectados e do conxunto da sociedade co obxectivo de “reclamar con presión social nas rúas que se tomen medidas xa para evitar o colapso dos nosos sectores económicos”.

Neste sentido, Barral valorou positivamente a acollida desta campaña entre a poboación o que “demostra que a xente non pode agardar máis a que se tomen medidas para paliar a crise da alza de prezos.

Barral considera “iimpresentable” que nin a Xunta nin o Goberno central estean poñendo sobre a mesa “solucións reais e eficaces, no curto e no medio prazo, para darlle oxíxeno a sectores estratéxicos da economía do País”. “Esta crise está a provocar unha situación de estrema gravidade, con familias cada día máis empobrecidas, un goteo continuo de empresas que están paralizando a súa actividade e con sectores clave dentro da economía galega, como o agrogandeiro e o pesqueiro, nunha situación de colapso”, advertiu, para recalcar a continuación que “urxe actuar para que esta escalada de prezos non siga poñendo en risco miles de empregos”.

A esta campaña de mobilizacións, que se desenvolverá baixo o lema ‘Os prezos soben; os teus cartos baixan: fagámonos valer!’, o responsábel comarcal sumou a presión institucional que o Bloque levará ao Congreso, ao Parlamento galego e aos concellos, onde se presentarán propostas encamiñadas a paliar a crise porque mentres os gobernos estatal e galego seguen de brazos cruzados hai moitas familias e sectores económicos afogados”.

“Galiza pode contar co BNG, imos seguir traballando para darlle esperanza a este País, imos deixarnos a pel para sacar adiante á clase traballadora, ás persoas autónomas, as gandeiras e gandeiros que pelexan para darnos alimentos de calidade, a xente do mar que sae faenar tódolos días, aos transportistas que fan que todo o que necesitamos chegue ás nosas casas.  Imos seguir dándolle a man a eses homes e mulleres que cada día abren o seu negocio e ás familias que sofren para chegar a fin de mes. Que saiban que poden contar co BNG para saír adiante e superar esta crise”, recalcou Pérez Barral.

Barral lamentou que Núñez Feixóo estea dedicado “única e exclusivamente a botar balóns fóra” e sexa incapaz de poñer en riba da mesa unha soa medida para enfrontar unha crise que, segundo recalcou, está a incidir dunha maneira máis forte en Galiza”, aludindo así ao maior crecemento da inflación no País en relación á media estatal.

Dez medidas a curto prazo para oxixenar a familias e sectores máis afectados

Así pois, os nacionalistas propoñen accións a curto prazo que o BNG si ten e que vai defender, entre as que sinalaron a prohibición da venda a perdas no sector primario, tal e como recolle a lei de cadea alimentaria, a compra pública de pensos para garantir un abastecemento a prezos razoables e a fixación dun prezo máximo para a electricidade neste ámbito.

De igual xeito, no BNG avogan por articular axudas extraordinarias ao sector gandeiro e pesqueiro a través do que se coñece como axudas mínimos -ás que non superan os 200.000 €- e que poden adoptar forma de subvencións, préstamos ou deducións, así como manter as bonificacións ao combustible da frota pesqueira e garantir por parte do Estado o prezo dos hidrocarburos no límite que existía antes da escalada de prezos.

Por último, defenden a rebaixa temporal dos impostos aos carburantes, distinguindo entre consumo doméstico e profesional, a redución das peaxes en todas as autoestradas galegas, a actuación inmediata sobre o mercado enerxético “poñendo fin aos beneficios caídos do ceo” e a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega para compensar a Galiza por ser produtora de electricidade.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...