O BNG de Ribeira inicia unha recollida de apoios para reclamar melloras en Correos e ampliar horario á tarde

18 Marzo 2022

O BNG de Ribeira ofreceu este venres 18 unha rolda de prensa diante da oficina de Correos na cidade, co obxectivo de achegar o seu punto de vista sobre o funcionamento do servizo da empresa pública a nivel local, que a agrupación considera que é mellorábel, tanto en calidade como en accesibilidade como en dispoñibilidade de cara á cidadanía. Neste senso, o BNG aproveitou para reclamar o mantemento do Servizo Postal Universal e para urxir a activar medidas que freen o proceso de privatización da entidade.

Engadiu que “é preciso establecer unha estratexia en prol do mantemento da actividade de correos, especialmente en sectores relevantes como a distribución de paquetes que agora realiza Correos Express, para o que opta de forma crecente pola contratación de persoas autónomas”.

Para o portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, “este tipo de actuacións son, no fondo, unha maneira de privatización, xa que se baleira de clientes a empresa matriz no canto de apostar por realizar tódolos servizos con persoal propio, cuestión que permitiría manter e mellorar o servizo público universal de correos”.

A agrupación lembrou que Ribeira “é un concello cabeceira da comarca da Barbanza e conta cunha poboación de case 27.000 habitantes”, e que “esta poboación aumenta de xeito sentíbel no período estival”, polo que resulta especialmente urxente “contar cun servizo de correos moderno, eficiente e dimensionado”.

Desde o Bloque remarcaron que “valoraron positivamente a modernización das instalacións feitas hai uns anos” mais cren que “é o momento de demandar unha mellora na atención que se lle presta ao público”, de aí que anunciasen, perante as dependencias de Correos no porto de Ribeira, “unha iniciativa plenaria par aumentar o horario de atención ao público incrementando a apertura da oficina en horario de tarde”. Esta medida, ademais de xerar novos postos de traballo, “redundaría en beneficio da veciñanza de Ribeira, facilitaría unha atención máis cómoda, un servizo máis eficiente e adaptado ás necesidades actuais, con menor tempo de agarda e facilitando unha mellor organización do traballo das empresas, do comercio e das persoas usuarias”, sinalaron.

Ademais do anterior os nacionalistas detectaron que “no período de vacacións ou baixas médicas hai ausencias que non se cobren polo que necesario que se cubran a totalidade dos servizos”.

Estas dúas demandas serán trasladadas ao deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, para que tamén na Cámara Baixa se inste ao Goberno estatal a mellorar o servizo postal e de atención presencial.

Para facilitar que quen queira sumarse a esta petición poida facelo, o BNG instalará unha mesa de recollida de sinaturas este sábado 19 de marzo, entre as 11:30 e as 13:00 horas a carón da farmacia de SanMamed na rúa de Galiza.

Outros artigos

“Adeus compañeira” – Fernando Sarasketa

No mediodía deste domingo 18 de maio miña nai, Mercedes Sarasquete Alonso (Cheché), finalmente cruzou a porta. Con 93 anos e xa con graves problemas cognitivos e de mobilidade un (eu) tenta prepararse para o inevitábel, e ter sempre presente que cada día podía ser o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.