O 12 de marzo sae de Rianxo o bus teatral para asistir ao novo espectáculo do CDG: A Peste de Camus

04 Marzo 2022

O Concello de Rianxo informou de que o vindeiro 12 de marzo, sábado, sairá finalmente para Santiago o autobús teatral que levará a veciñanza á representación do novo espectáculo do CDG, baseado en A Peste de Camus.

O Concello de Rianxo participa no programa de mobilidade do novo espectáculo do Centro Dramático Galego, unha adaptación teatral da novela A Peste de Albert Camus, dirixida por Cándido Pazó. En virtude desta participación, fretarase un autobús para acudir á representación do devandito espectáculo, o sábado 12 no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Será un servizo de balde a través do cal achegaranse 50 prazas.

A entrada, bonificada, ten un custe de 6 €.

A reserva realízase no formulario de www.concelloderianxo.gal ou de xeito presencial no Auditorio de Rianxo.

No caso de non existir un mínimo de reservas o servizo do autobús suspenderase.

O espectáculo

O equipo de A Peste está como dixemos dirixido por Cándido Pazó, quen asina tamén a dramaturxia. Inspírase na novela homónima do autor franco-arxelino Albert Camus, na que aborda de xeito metafórico as grandes pragas causadas polo ser humano.

Evaristo Calvo, César Cambeiro, Nacho Castaño, Xurxo Cortázar, Salvador del Río, Casilda García, Paku Granxa, Luís Iglesia, Tone Martínez, Rebeca Montero, Marcos Orsi, Santiago Prego, María Roja, Santiago Romay e Carlos Sante compoñen o elenco que lles dará vida ás personaxes deste clásico.

A peza ofrece unha reflexión sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise. A través do personaxe do doutor Rieux, narra os sucesos na cidade de Orán durante unha praga de peste que a asedia e pon os seus habitantes en corentena. Céntrase nos periplos das persoas encerradas, en como loitan contra a praga e lle buscan un sentido á súa situación, primeiro nunha loita egoísta pola supervivencia, logo a través do esforzo colectivo e comunitario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.