Na Pobra entregados os premios ás persoas gañadoras do concurso de microrrelatos Igualdade, conta comigo!

29 Marzo 2022

No 26 de marzo efectuouse a entrega dos premios ás persoas gañadoras do concurso de microrrelatos Igualdade, conta comigo! posto en marcha pola Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal co obxectivo de fomentar entre a poboación uns valores baseados na igualdade de oportunidades entre
mulleres e homes e eliminar comportamentos e actitudes que manteñen os estereotipos de xénero. A edil da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), foi a encargada de face-la entrega dos galardóns, que consisten en bonos de compra na plataforma web www.deanshop.es e repartíronse un total de 600 euros.


Na categoría adulta, a primeira distinción recaeu en Xogo de nenos, de Rodrigo Brión Insua, mentres que a segunda foi parar a Edén, de Pablo Pardavila Romero.
Doutra banda, na modalidade adolescente, Hei ser o que eu queira, de Óscar Sampedro Olveira, alzouse co primeiro posto, seguido de O gran día, de Pablo Touzón Quintáns; e no terceiro lugar quedou A nova especie, de Olivia Sobrido Buceta.


Así mesmo, proporcionouse un lote de libros con temática focalizada na igualdade e no feminismo ao IES da Pobra do Caramiñal. Entre os títulos figuran La cultura de la homofobia y cómo acabar con ella, Familias modernas ou Brujas.
As ditas accións atópanse ao abeiro da programación impulsada con motivo do Día Internacional da Muller e que se estende ao longo de todo o mes de marzo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.