“Moito por arranxa”. Antón Luaces

24 Marzo 2022

Pode ser que quede pouco para lle dar solución a ese grave problema que afectou/afecta ao sector pesqueiro e, derivado deste, ao sector alimentario: non hai pesca porque esta non deixa beneficio ou resulta demasiado cara para os armadores dos barcos encargados de capturar as distintas especies que nutren as peixarías. Ao alto prezo do combustible únese o paro que boa parte dos transportistas realizan en España por idéntico motivo que o que levou moitos barcos-especialmente os de baixura- ao amarre na práctica totalidade dos seus portos base no litoral español durante os tres últimos días. .

Pero, como era previsible, o mércores acadóuse un acordó entre o Ministerio de Pesca e as dúas organizacións maioritarias no sector pesqueiro -Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e Cepesca- polo que, fiándose da boa vontade de Luis Planas, ministro do ramo, levantábase o amarre acordado á espera de que, no consello de ministros da vindeira semana, o Goberno comunique oficialmente cal vai ser a súa formulación para que os barcos de pesca españois manteñan a faena aínda sendo coñecedores de que as súas capturas poderían non ser vendidas nas lonxas por exceso de descargas acumuladas. Porque estas non teñen saída cara os mercados debido a que non hai camións que se encarguen dos fletes.

Que vai pasar se os armadores non están conformes coas medidas que, tanto a Comisión Europea como o Goberno de España, adopten de aquí ao martes vindeiro?. Volverán ao amarre o mesmo  martes?. E que vai pasar, no caso de que se desconvoque a folga no mar si se mantén a que en terra levan a cabo os transportistas?.

Concordo coa idea de que o ministro de Pesca coñece o seu oficio. Mais nas súas mans non está a solución verdadeira, total, deste grave problema que afecta arestora á sociedade española e, de rebote, ao mesmo Goberno enfrontado este como está cos partidos da oposición e mesmo co seu socio de goberno e semella que con certas desavinzas entre os ministros socialistas?. Quen garante agora a estabilidade deste Goberno arredor do que, aparentemente, non hai máis que unllas e dentes dispostos a respostar a calquera formulación emanada de Pedro Sánchez e os seus máis próximos colaboradores?. Que papel lle queda ao presidenjte da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, Basilio Otero, se no espazo de catro ou cinco días ten que facer un novo chamado ao amarre da frota porque nen Bruxelas nen Madrid teñen nas súas mans as verdadeiras solucións  a tan graves problemas como os que afectan hoxendía á cidadanía española?.

Nada sería para min máis satisfactorio que poder decir a vindeira semana que os problemas están amañados, que os transportistas, os mariñeiros, os gandeiros, os agricultores, etc., atoparon por fin a agulla coa que coser as cueiras rompidas dos calzóns tanto e tanto tempo arrastrados polas cubertas dos barcos, os cómaros das fincas, as beiravías das estradas ou autoestradas españolas e os despachos  dos que, en teoría, teñen a solución nas súas propias mans que outros procuran. Oxalá. Pero non confío no boísmo, nas gañas de achar solucións. Porque tampouco vexo nos partidos da oposición ao Goberno de Sánchez verdadeiras aportacións de solución, senon máis ben gañas de que se estrelen contra o valo da imposibilidade por se, nalgún momento, teñen a “sorte?” de acceder á torre do poder.

Quixera con toda a miña alma errar na apreciación. Non me doería o máis mínimo pedir perdón por elo. E dende aquí, o desexo de sorte para todos cantos teñen que participar nas negociacións.

Queda moito, sí, moooooito, por arranxar.

Outros artigos

Arrastreiro de Ribeira investigado por captura de golfiños

A Garda Civil denuncia ao patrón tras a difusión de vídeos en redes sociais que mostran a captura de cetáceos en Galicia. Segundo recolle a web costaoeste.gal, a denuncia contra o patrón do arrastreiro de Ribeira xerou gran preocupación no sector pesqueiro galego e...

+

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

+

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En defensa de las propias ideas” – José Antonio Constenla

“En defensa de las propias ideas” – José Antonio Constenla

Expresar una opinión disonante con la idea que mueve a la mayor parte de la sociedad resulta cada vez más complicado, especialmente desde que las redes sociales han entrado en el terreno de juego de la política. En el contexto democrático, la libertad de expresión es,...

“Un Papa empático para el mundo”. José Castro López

“Un Papa empático para el mundo”. José Castro López

En medio de la crisis de religiosidad y del proceso de secularización del mundo, elCónclave, que encerró a los cardenales en la Capilla Sixtina para elegir al SumoPóntifice, captó la atención global como ningún otro acontecimiento mundial. Más alládel interés de los...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.