Medio Ambiente destina máis de 140.000 euros a entidades que promoven accións de conservación das Illas Atlánticas

12 Marzo 2022

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, na que se recollen as entidades beneficiarias das subvencións concedidas con cargo aos orzamentos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia convocadas para 2021, destinando máis de 140.000 euros.

Esta orde ten como obxectivo promover o desenvolvemento sostible das poboacións asociadas ás illas mediante a concesión de axudas económicas para a realización de actividades nas súas áreas de influencia socioeconómica.

Así, inclúense subvencións destinadas á conservación ou restauración do patrimonio natural, iniciativas orientadas á eliminación de calquera tipo de impacto sobre os valores naturais ou culturais que xustificaron a creación do parque nacional, iniciativas dirixidas a garantir a compatibilidade das actividades e dos usos tradicións coa finalidade e cos obxectivos dos parques nacionais ou iniciativas destinadas á conservación ou restauración do patrimonio arquitectónico, entre outras.

Así, entre os beneficiarios atópanse o Concello de Vigo, de Bueu, de Vilagarcía de Arousa e de Ribeira, todos eles cunha axuda de 12.000 euros menos este último, que recibirá 11.247,43 euros.
En total, ata 48.527,72 euros para proxectos como actuacións de control sobre a flora exótica invasora, a mellora da accesibilidade ou a limpeza dos fondos na Illa de Sálvora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.