Medio Ambiente comezará en abril os labores para frear o avance do piñeiro no Parque Natural de Corrubedo

22 Marzo 2022

O Parque Natural de Corrubedo recibiu este martes 22 de marzo a visita da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que estivo acompañada do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e outros representantes do Concello e da dirección do complexo. Na visita, encadrada nos actos de celebración do Día Mundial da Auga (e tamén na campaña 7 días, 7 parques), Vázquez informou de que en abril comezarán os traballos para frear o avance do bosque de piñeiro na contorna do parque e “protexer a integridade da duna costeira de Corrubedo”. Destinaranse para este fin 383.614 euros, contándose para este fin con financiamento da Unión Europea a través de Fondos NextGenerationEU.

Vázquez engadiu que hoxe en día “as masas de piñeiros están a ocupar espazos que en orixe formaban parte dos areais e sistemas dunares, polo que se eliminarán os pés destas especies e faranse rozas selectivas dos restos leñosos, co fin de evitar danos na flora, impedir a incorporación de materia orgánica e reducir os riscos de incendio”.

Vázquez Mejuto lembrou que este proxecto “tamén prevé a caracterización dos dez polígonos nos que se actuará, o que permitirá a dixitalización dos recursos naturais existentes”. Segundo manifestou a conselleira, a” mellora e recuperación dos ecosistemas naturais, permitirá garantir unhas boas condicións de hábitat para as especies que se localizan neste espazo, como a píllara das dunas, o pernileiro, o sapo de esporóns; así como plantas dunares endémicas como Iberodes littoralis Subsp. gallaecica e a orquídea Spiranthes aestivalis, incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas”. Engadiu que este tipo de iniciativas “son acordes aos obxectivos e metas que recolle o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural”, aprobado en maio de 2021 e que prevé “un investimento de 6,5 millóns de euros na próxima década; para poñer en valor a contorna natural deste parque que abarca 996 hectáreas”.

O alcalde de Ribeira agradeceu á conselleira que se achegara ata Corrubedo no Día Mundial da Auga para axudar na concienciación sobre a necesidade de “preservar un ben tan importante como é a auga e, sobre todo, neste espazo dominado pola lagoa de Carregal e Vixán”.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.