María Rivas comproba en Porto do Son o novo sistema de xestión do tráfico marítimo do Centro de Salvamento

29 Marzo 2022

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas,visitou este martes 29 o concello de Porto do Son, para comprobar, no monte Enxa, o funcionamento do novo sistema de Control e Xestión do Tráfico Marítimo do Centro de Salvamento de Fisterra, un mellora materializada grazas a un investimento de 7,26 millóns de euros por parte do Goberno central. Rivas acudiu na compaña da directora de Protección Civil da Delegación do Goberno en Galicia, María Dores Gómez. Alí, o xefe do Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra, Manuel Capeáns, explicou como afronta o equipo de traballo a devandita renovación.

Segundo destacaron, a substitución dos equipamentos foi unha iniciativa de “especial importancia nun centro como este”, pois “é o encargado das vías de circulación do Dispositivo de Separación de Tráfico Ampliado do noroeste de España”. Trátase, engadiron, “dunha área onde os tráficos marítimos son separados de forma minuciosa para garantir a seguridade”.

As dependencias de Porto do Son son as encargadas do seguimento e a separación do tráfico marítimo no noroeste de España. Entre as súas funcións tamén figuran as de coordinar a resposta ante as emerxencias marítimas e da loita contra a contaminación.

A subdelegada agradeceu aos profesionais e ás profesionais do centro “o seu importante labor” e salientou “o férreo compromiso do Goberno con Salvamento Marítimo, como demostra o investimento do novo sistema, e cos servizos públicos, en especial os vinculados a un sector tan importante en Galicia como é o do mar”, explicou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.