Máis de medio cento de veciños de Ribeira participan na sexta edición do ciclo docente para maiores da USC

29 Marzo 2022

Novamente o ciclo da USC en Ribeira para persoas maiores está a ser un éxito de participación. Segundo confirmou o Concello, co-organizador da iniciativa xunto coa Universidade de Santiago, están a asistir ás actividades da sexta edición do ciclo Camiños de Coñecemento e Experiencia un total de 52 persoas.

O primeiro relatorio celebrouse na tarde deste luns 29 no Centro Cultural Lustres Rivas, logo de que a concelleira de Educación, Juana Brión, dese a benvida aos asistentes. A cita formativa correu a cargo de Juan Jesús Gestal Otero, profesor emérito da Facultade de Medicina e profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da USC, que versou sobre Pandemias ao longo da vida.

Resto da Programación

-31/03/2022 16:30-18:00h

Seminario: A COVID-19: evolución e situación actual. Que nos agarda?

D. Juan Jesús Gestal Otero. Profesor Emérito da Facultade de Medicina e profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

-18/04/2022 16:30-18:00h

Seminario: Tradición e modernidade nos escenarios galego e ribeirense (1880-1950)

I. Vellos e novos oficios e negocios.

D. José Manuel Vázquez Lijó. Doutor en Historia. Técnico de xestión do Museo Marea de Porto do Son e profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

-21/04/2022 16:30-18:00h

Seminario: Escribir a nosa historia. Obxectos, soportes e instrumentos de escritura

D. Anxo Rodríguez Lemos. Doutor en Historia. Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

-25/04/2022 16:30-18:00h

Seminario práctico: Actividade Interactiva co alumnado partindo do comentario de documentos antigos que ilustran a temática do seminario

D. José Manuel Vázquez Lijó. Doutor en Historia. Técnico de xestión do Museo Marea de Porto do Son e profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

-28/04/2022 16:30-18:00h

Seminario práctico: Actividade interactiva pensada para compartir materiais arqueolóxicos e documentais

D. Anxo Rodríguez Lemos. Doutor en Historia. Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

Outros artigos

Arrastreiro de Ribeira investigado por captura de golfiños

A Garda Civil denuncia ao patrón tras a difusión de vídeos en redes sociais que mostran a captura de cetáceos en Galicia. Segundo recolle a web costaoeste.gal, a denuncia contra o patrón do arrastreiro de Ribeira xerou gran preocupación no sector pesqueiro galego e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.